Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (131/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número una da Coruña, fago saber que nos autos nº 131/2002 seguidos por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Trabajo contra INSS e outros sobre incapacidade temporal, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 1 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando a demanda presentada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, debo absolver absolvo a tódolos demandados das pretensións desta.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizacaya, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó do

importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación á empresa María Doloers Veiga Amado, que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Pintor Seijo Rubio, 23, 15300 Betanzos, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 8 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado