Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.942

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (509/2000-m).

Por telo acordado o maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña nos autos 509/2000-m, en providencia do día de hoxe, anúnciase a venda en pública poxa que terá lugar o día dezaseis de decembro de dous mil dous, ás nove trinta horas na sala de audiencia deste xulgado, sito no primeiro andar do Edificio dos Xulgados, rúa Monforte número un da Coruña, dos seguintes bens:

Os dereitos da metade e pro indiviso do predio número 20.185 que consta no folio 7 do libro 384 de Oleiros, casa sen número ó sito, que nomean Saltoxo no lugar da Cova, no municipio e parroquia de Oleiros, de tipo unifamiliar, composta de planta baixa e semisoto e a ela unido, terreo destinado a xardín e horta. Todo forma un só predio que mide mil trescentos trinta e tres metros cadrados, dos cales cento trece corresponden ó edificio. E linda: fronte ó norte, camiño de dous metros cincuenta centímetros de largo; dereita, entrado, Ramón Jesús Liste García; esquerda, Antonio Costa Juncal e costas, Francisco Aguiar ou herdeiros.

Sendo valorados os dereitos que saen a poxa na cantidade de 865,06 euros.

O prego de condicións e requisitos para tomar parte na poxa están expostos no taboleiro de anuncios do xulgado e no concello.

E para a súa publicación no DOG, expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado