Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (424/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, en funcións no número un, dá fe e testemuño nos autos de xuízo número 424/2002, seguidos por instancia de Emma Prieto Fernández contra a empresa Canard Luso, S.L. e outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 6 de novembro de 2002.

Vistos por Mar Ferreiro Rozas, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 424/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Emma Prieto Fernández, representada pola letrada María Teresa Souto Neira e, como parte demandada, a empresa Canard Luso, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa Canard Luso, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Emma Prieto Fernández, contra a empresa Canard Luso, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar a Enma Prieto Fernández a cantidade de vintetrés mil oitocentos tres euros con sesenta e un céntimos de euro (23.803,61 A), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución. Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da eventual responsabilidade subsidiaria que puidese alcanzalo de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na Conta de Depósitos e Consignacións, nº 2322-60, nº de autos 424/2002, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para

a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 120,25 euros, prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 424/2002 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-las empresas demandadas quen os interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mar Ferreiro Rozas. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Canard Luso, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o sete de novembro de dous mil dous.