Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de setembro de 2002, do recadador de zona de Ourense, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Construcciones Agilop, S.L. e Ferrón García, José Luis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia da zona de Ourense, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constriximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados a pesar dos intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e emprázanse os ditos interesados ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Ourense, Alameda do Cruceiro, nº 11-oficina 8,Ourense) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 26 de setembro de 2002.

Rafael Torres Lacal

Recadador de zona de Ourense

ANEXO

Interesado: Construcciones Agilop, S.L.

NIF/CIF: B32023699.

Concepto: valoración e fixación de tipo para poxa.

Interesado: Ferrón García, José Luis.

NIF/CIF: 34940453A.

Concepto: valoración e fixación de tipo para poxa.