Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de expediente de afección de bens pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Samilocio, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de afección de bens pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con domicilio en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Grolar, S.L., CIF: B-36786713.

Obrigado ó pagamento: Samilocio, S.L., CIF: B-36800027.

Importe: 4.144,81 A.

Zona de Recadación: Vigo.