Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.874

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (416/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 416/2002 seguidos por instancia de Carlos Vázquez Vázquez contra Construcciones y Contratas Pombal, S.C. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 23 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando parcialmente a demanda presentada por Carlos Vázquez Vázquez, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade total de 1.548,64 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Construcciones y Contratas Pombal, S.C. a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ó demandante a cantidade total 1.548,64 euros, en concepto de salario e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado a partir de notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior e Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, podendo susbtituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Construcciones y Contratas Pombal, S.C., que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Capitán Juan Varela, 214, 15007 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 23 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado