Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (662/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 662/2002, seguidos por instancia de Vicente Allegue León e outros, contra a empresa Construcciones Peña Aguda, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 25-10-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Vicente Allegue León, Nicolás Villar Varela, Eduardo Díaz

Carballo, Juan J. Cambón Sánchez, Víctor Ignacio Solar Alonso, Manuel Calo Calo, Carlos Alberto Martínez Gómez, Félix Óscar Rodríguez Gómez, Severino Bertoa Baston, Julián Souto Couto, César Manuel Castro Caamaño, José Francisco Castro Caamaño, Manuel Pan Souto, Marcelo José García García, Magdalena Regueira Rebón, José Antelo Villar, Pedro Nion Verde, Avelino Batán Argiz e Juan Manuel Queijeiro Quiroga, declaro a improcedencia dos seus despedimentos e condeno a empresa Construcciones Peña Aguda, S.L. a que á sua elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coas cantidades de 493,81 euros ó Sr. Allegue León, 366,90 euros ó Sr. Villar Varela, 536,91 euros ó Sr. Díaz Carballo, 5.261,44 euros ó Sr. Cambón Sánchez, 4.250,88 euros ó Sr. Solar Alonso, 4.802,39 euros ó Sr. Calo Calo, 3.970,56 euros ó Sr. Martínez Gómez, 3.064,28 euros ó Sr. Rodríguez Gómez, 6.798,33 euros ó Sr. Bertoa Bastón, 2.680,78 euros ó Sr.

Souto Couto, 2.611,52 euros ó Sr. Castro Caamaño César, 3.163,40 euros ó Sr. Castro Caamaño José, 3.157,32 ó Sr. Pan Souto, 1.391,14 euros ó Sr. García García, 5.341,74 euros á Sra. Regueira Rebón, 11.533,10 euros ó Sr. Antelo Villar, 8.218,70 euros ó Sr. Nion Verde, 2.974,59 euros ó Sr. Batán Argiz e 3.384,52 euros ó Sr. Queijeiro Quiroga, así como a aboar en concepto de salarios de tramitación para o suposto de readmisión a cantidade de 2.870,48 euros ó Sr. Allegue León, 2.975,97 euros ó Sr. Villar Varela, 3.147,26 euros ó Sr. Díaz Carballo, 4.932,95 euros ó Sr. Cambón Sánchez, 4.597,24 euros ó Sr. Solar Alonso, 3.364,95 euros ó Sr. Calo Calo, 4.287,44 euros ó Sr. Martínez Gómez, 3.014,82 euros ó Sr. Rodríguez Gómez, 5.208,86 euros ó Sr. Bertoa Bastón, 3.652,33 euros ó Sr. Souto Couto, 3.600,16 euros ó Sr. Castro Caamaño César, 4.309,86 euros ó Sr. Castro Caamaño José, 3.870,66 euros ó Sr. Pan Souto, 5.513,06 euros ó Sr. García García, 3.964 euros á Sra. Regueira Rebón, 6.789,01

euros ó Sr. Antelo Villar, 3.441,18 euros ó Sr. Nion Verde, 2.959,98 euros ó Sr. Batán Argiz e 3.735,58 euros ó Sr. Queijeiro Quiroga.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta corrente de consignacións código 5604.0000.60 662-2002 do banco BBVA desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os que non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá

aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Peña Aguda, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 7 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado