Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(662/2002). 16.830

CÉDULA de notificación de sentencia (231/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 31/2002, seguidos por instancia de José L. Grille Ferreiro e outro, contra a empresa Construcciones y Contratas Pombal, S.C., sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25-9-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por José Luis Grille Ferreiro e Diego Grille Ferreiro, contra a empresa Construcciones y Contratas Pombal, S.C. condeno a esta a aboarlle-la cantidade de 1.878,37 euros a José Luis Grille e 1.709,12 euros a Diego Grille, que lles debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604000060 231-2002, do Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, a efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones y Contratas Pombal, S.C., expido e asino esta cédula na Coruña o 11 de novembro de 2002.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial