Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.830

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (317/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 317/2002, por instancia de Rosa Míguez Mondelo e outros contra Cotexco, S.L. e outra sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data do 21 de outubro de 2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Rosa Míguez Mondelo, María Antonio Sánchez García, Mercedes Galán Núñez, María Teresa Saavedra Illobre, José Luis Matos Morgade, Jesús Santiago Buceta, Santiago Barreiro Felpeto e Juan Gorgoso Salvador, condeno a empresa Cotexco, S.L. a que se lles aboe a cantidade de 906,580 euros a Míguez Mondelo, 456,920 euros a Sánchez García, 916,660 euros a Galán Núñez, 829,980 a Saavedra Illobre, 835,990 euros a Matos Mogade, 917,620 euros a Santiago Buceta 946,900 euros a Barreiro Felpeto y 509,12 a Gorgoso Salvador, que lle endebeda en concepto de salarios, condenando o comisario da quebra, Concepción González Andrés e ó depositario José M. Lamo de Espinosa Michels de Champourcin a estar e pasar pola presente declaración e absolvendo da demanda ó Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta, non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cotexco, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 7 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado