Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.830

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (437/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos número 437/2002 seguidos por instancia de Miguel Ángel Sanmartín Blanco contra Asgai de Trastorno Límite de la Personalidad e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 24 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Miguel Ángel Sanmartín Blanco, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.872,96 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Asgai de Trastorno Límite de la Personalidad a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ó demandante a cantidade de 2.872,96 euros, en concepto de salarios.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, contando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Asgai de Trastorno Límite de la Personalidad, que tivo o seu último enderezo coñecido na avda. da Pasaxe, 9-11, 1º esq., local B, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado