Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.829

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (64/2002).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 64/2002 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.

En Noia, trinta e un de outubro de dous mil dous.

Mª Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción do Xulgado número dous dos de Noia, tendo visto e oído en xuízo oral e público a causa do xuízo de faltas 64/2002, seguido por inxurias e lesións, sendo denunciante Mª Francisca Pérez Lamela, con DNI nº 52933314 e domicilio na praza Fanequeira 10, 2º, Noia, e denunciado José Mª Hernández García, do que se descoñece o actual paradoiro, sendo parte o Ministerio Fiscal en representación da acción pública.

Decido que debo condenar e condeno a José María Hernández García como autor responsable dunha falta de inxurias á pena de dez días de multa con cota diaria de cinco euros e con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, e como autor dunha falta de lesións á pena de trinta días de multa con cota diaria de cinco euros con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas, así como ó pagamento das custas causadas.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Notifíqueselle a presente resolución, con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos, que se interporá, se for o caso, neste xulgado para ser resolto na Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia o pronuncio, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José María Hernández García, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia no 31 de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado