Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.805

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de outubro de 2002 pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2002-2003, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 56 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros e, na súa disposición adicional terceira, sinala que as administracións educativas pro

verán os recursos necesarios para garantir, no proceso de aplicación da lei, a inclusión de actividades, como poden se-las estadías en empresas, para asegurarlles a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

Así mesmo, o actual proceso de implantación da nova formación profesional, estructurada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de formación en centros de traballo, fai necesario que os profesores teñan previamente un coñecemento directo dos procesos productivos que se desenvolven nas empresas, as novas tecnoloxías que incorporan e as realizacións profesionais dos traballadores nos diferentes postos de traballo, para, deste xeito, perfila-lo programa formativo que os alumnos deberán realizar no módulo de formación en centro de traballo. Neste senso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse satisface-las devanditas necesidades formativas, co obxectivo, en todo caso, de consegui-la mellora do sistema educativo a través da formación dos seus profesionais.

Durante estes últimos anos vénse ofertando esta modalidade de formación do profesorado, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e convocada mediante orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria baixo a denominación de «estadías formativas en empresas ou institucións». Precisamente a experiencia levada a cabo con esta acción, evidencia un axeitado procedemento de actualización de coñecementos e ó mesmo tempo unha forma de achega-lo profesorado que imparte clases en formación profesional específica ó mundo productivo e ós avances tecnolóxicos de que dispoñen as empresas galegas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Convocatoria e requisitos dos candidatos

Primeiro.-Convócanse 120 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2002-2003, dirixidas a funcionarios docentes de formación profesional específica destinados en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución que se establecen e relacionan nesta orde.

Os funcionarios deberán pertencer a algunha das especialidades do profesorado para impartir módulos de formación profesional específica, segundo o R.D. 1635/1995, do 6 de outubro e o R.D. 777/1998, do 30 de abril ou estaren adscritos a prazas dalgunha das especialidades indicadas, así como aqueles que estean impartindo clases en formación profesional específica.

En todo caso, a estadía solicitada estará relacionada coa súa actividade docente.

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servicio activo e prestar servicios durante os cursos 2000-2001 e 2001-2002

en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ser funcionario de carreira ou funcionario en prácticas nalgún dos corpos e escalas ós que se alude este artigo. En casos excepcionais e sempre que queden vacantes, logo de asigna-las prazas a funcionarios, os interinos que estean impartindo clases durante o curso 2002-2003 en módulos asociados a unha unidade de competencia dos ciclos formativos de formación profesional específica, poden solicitar unha estadía de 2 semanas de duración; sempre e cando se xustifique a súa necesidade inmediata e a vista das características do módulo, ciclo e centro no que imparte clases.

3. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutivo no período de realización da estadía en empresas.

4. Non ter realizado estadías formativas en empresas durante os 2 últimos cursos académicos outorgadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5. Non estar a disfrutar ou ter concedida no curso 2002/2003 licencia por estudios, xa que se consideran incompatibles para realizar no mesmo período de vixencia das estadías formativas en empresas ámbalas dúas modalidades de formación.

Modalidades

Segundo.-Segundo se trate de empresas ofertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou empresas e prazas distintas das anteriores e propostas polo interesado, establécense dúas modalidades:

Tipo A: estadías formativas nas empresas acollidas a este programa, que se relacionan no anexo I.

Tipo B: estadías formativas noutras empresas ou institucións cun mínimo de 5 traballadores. Neste caso, o profesorado deberá concertar coa empresa o contido e duración da estadía e presentará un proxecto segundo o esquema recollido no anexo III.

Distribución das prazas

Terceiro.-Do total das 120 prazas que se convocan, distribúense da seguinte forma: para a modalidade A= 96 prazas e para a modalidade B= 24 prazas. As prazas non cubertas polos candidatos nalgunha das dúas modalidades poderán ser acumuladas na outra.

Solicitudes e documentación

Cuarto.-Os candidatos que vaian realiza-las estadías formativas en empresas que se convocan, deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II, e acompañada da documentación que se indica a continuación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VI, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 30 de setembro de 2002, e que será solicitada e tramitada polo interesado.

2. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

3. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

4. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente nin os que se aleguen fóra do prazo ó que se refire o punto quinto da presente convocatoria.

Prazo de presentación

Quinto.-O prazo de presentación de solicitudes, tanto para a modalidade A como para a B, será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente orde no DOG. As solicitudes, xunto coa documentación, deberán presentarse a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional), edificio administrativo San Caetano s/n, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Informe da Inspección

Sexto.-Cerrado o prazo de presentación de solicitudes, o Servicio Provincial de Inspección Educativa emitirá o correspondente informe a instancia da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde. Este informe deberá ser remitido á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de 5 días naturais e será preceptivo á hora de valora-la autorización da solicitude.

Sétimo.-Aspectos do informe e valoración:

1. O mencionado informe do servicio de inspección referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

2. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos.

Comisión de selección

Oitavo.-1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-A subdirectora xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos, que será o presidente.

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa.

-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

-A xefa de Servicio de Formación en Empresas e Orientación Laboral.

-Un inspector de Educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

3. A comisión poderá dispo-la constitución de subcomisións técnicas especializadas só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos relacionados nos apartados 1 e 4 do anexo IV.

Resolución da convocatoria

Noveno.-A comisión seleccionadora realizará unha selección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

2. A relación dos seleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no edificio administrativo de San Caetano e nos das delegacións provinciais, abríndose un prazo de dez días naturais para efectuar reclamación. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora elevará ó director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das estadías en empresas perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo.-Unha vez resolta esta convocatoria, soamente se admitirán renuncias ás actividades concedidas en casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O profesorado que non participe na actividade para a que foi seleccionado perderá a súa preferencia para participar nas vindeiras tres convocatorias da actividade, agás nos casos excepcionais autorizados.

As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de seis meses, desde a data da publicación desta convocatoria no DOG.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo

dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Períodos de duración das estadías formativas en empresas

Décimo primeiro.-O período de duración das estadías para a modalidade A será o indicado no anexo I para cada empresa.

Para as estadías que se concedan pola modalidade B, a duración estará comprendida entre 15 días e 2 meses.

Décimo segundo.-Ó finaliza-lo período da estadía, os profesores beneficiarios presentarán ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de 15 días contados desde a finalización da estadía realizada, unha memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, e como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (Evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores desta na oferta de formación específica dirixida ó profesorado e que se considera interesante dada a profesionalidade detectada no ámbito de cada empresa.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Décimo terceiro.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Unha copia da memoria será enviada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional á empresa na que cada profesor realizou a estadía.

Situación administrativa e compromisos dos seleccionados

Décimo cuarto.-Durante a estadía na empresa os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. O profesorado seleccionado terá dereito, de acordo co establecido no Decreto 202/2002, do 6 de xuño (DOG do 17 de xuño), a unha bolsa de asistencia por día sempre e cando a actividade se desenvolva fóra do concello onde está situado

o centro educativo de destino ou do concello onde teña o seu domicilio habitual.

A contía da bolsa que percibirá por día de asistencia á empresa será a que se indica a continuación tendo en conta a distancia en quilómetros de ida e volta entre o seu domicilio habitual e a empresa:

a) Menos de 30 quilómetros: 10,52 euros/día.

b) Entre 31 e 50 quilómetros: 13,52 euros/día.

c) Entre 51 e 75 quilómetros: 18,03 euros/día.

d) Entre 76 e 100 quilómetros: 21,94 euros/día.

e) Máis de 101 quilómetros: 27,05 euros/día.

En todo caso, a contía máxima que poderá percibir en concepto de bolsa de asistencia non poderá sobrepasa-la cantidade de 901,50 euros.

As bolsas están suxeitas ó IRPF e serán aboadas nun pagamento, unha vez finalizadas as actividades e entregada a memoria, coa certificación do Servicio de Formación en Empresas e Orientación Laboral de estar realizada a actividade de acordo co establecido nesta orde.

Décimo quinto.-As bolsas de asistencia aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322S.640.1 e por un importe máximo de 108.180 euros. Estas estadías están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Décimo sexto.-Os profesores realizarán durante a súa estadía na empresa o horario productivo que esta teña establecido.

Décimo sétimo.-Durante o período de estadía na empresa ou en institucións os profesores estarán acollidos á Mutualidade de Funcionarios do Estado e ás pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscritas pola Xunta de Galicia.

Décimo oitavo.-Durante o período de estadía formativa en empresas os profesores non terán vínculo ou relación laboral coa empresa ou institución de acollida, nin poderán ocupar un posto de traballo dentro do seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.

Décimo noveno.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional remitiralles ás delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria unha relación dos profesores e do período de tempo que estean realizando as estadías formativas nas empresas, para o seu envío á Inspección de Traballo.

Vixésimo.-A concesión de autorización para estadías en empresas implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Vixésimo primeiro.-O non cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da correspondente estadía formativa, sen prexuízo da posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento

Vixésimo segundo.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, a través dos servicios de inspección de educación, efectuará o adecuado seguimento e control das estadías formativas.

Certificación

Vixésimo terceiro.-Segundo o disposto no apartado 14.2º da Orde do 3 de setembro de 2001 (DOG do 10 de setembro), pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro de actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, os profesores que realicen unha estadía formativa en empresas ó abeiro desta orde, con avaliación positiva, obterán a seguinte certificación:

1. Estadías formativas ata 15 días de duración: certificación de 20 horas de formación.

2. Estadías formativas de 16 a 29 días de duración: certificación de 35 horas de formación.

3. Estadías formativas de 30 a 44 días de duración: certificación de 50 horas de formación.

4. Estadías formativas de 45 a 59 días de duración: certificación 70 horas de formación.

5. Estadías formativas de máis de 59 días de duración: certificación de 80 horas de formación.

Retirada da documentación

Vixésimo cuarto.-Durante o mes de marzo de 2003 os concursantes poderán retira-la súa documentación

da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15731 Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre a esta.

Vixésimo quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde e así mesmo para prorrogar automaticamente o período de presentación de solicitudes de non cubrirse totalmente nesta convocatoria, dentro do curso 2002-2003.

Vixésimo sexto.-Os directores e directoras dos centros educativos arbitrarán as medidas necesarias para que esta orde sexa coñecida por todo o profesorado destinatario desta convocatoria.

Vixésimo sétimo.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Distribución das prazas para estadías en empresas da modalidade A que se convocan para o curso 2002-2003

Núm.Nome empresaCentro de traballoEspecialidade

estadía

PrazasPeríodo

ofert.

DuraciónAnoMod.Concello

empre.

Provincia

empre.

1AlcoaAluminio EspañolHidráulica e neumática1Febreiro1 mes2003ACervoLugo

2AlcoaAluminio EspañolAnálise e química industrial (laboratorio)1Marzo1 mes2003ACervoLugo

3Altia Consultores, S.L.Altia Consultores S.L. (A Coruña)Informática1Do 1 ó 15 de febreiro15 días2003AA CoruñaA Coruña

4Altia Consultores, S.L.Altia Consultores S.L. (Vigo)Informática1Do 1 ó 15 de febreiro15 días2003AA CoruñaA Coruña

5AquagestAquagest SantiagoAnálises físico-químico e microbiolóxico das augas de consumo1Febreiro e marzo2 meses2003ASantiago de CompostelaA Coruña

6Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e Pontevedra.Mamas S.L.Confección bordados1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

7Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e Pontevedra.Sagres, S.L. (Vigo)Confección uniformes1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

8Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e Pontevedra.Cidistex, S.L. (Vigo)Confección deportes1Abril1 mes2003AVigoPontevedra

9Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e Pontevedra.Futura Linea Moda S.L.Confección1Marzo1 mes2003AVigoPontevedra

10Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e Pontevedra.D'Aquela (Lalín)Confección señora1Marzo1 mes2003AVigoPontevedra

11Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e Pontevedra.Creac Foque, S.L. (Nigrán)Punto nenos1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

12Asociación Euroeume. Centro de Desenvolvemento Local.Asociación Euroeume (As Pontes de García Rodríguez)Creación e desenvolvemento de productos e servicios turísticos1Marzo1 mes2003AAs Pontes de Gcía. Rguez.A Coruña

13Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) ATRAFerwagen, S.A. (Vigo)Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

14Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) ATRASalvador Fernández de Automoción, S.A. (Vigo)Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

Núm.Nome empresaCentro de traballoEspecialidade

estadía

PrazasPeríodo

ofert.

DuraciónAnoMod.Concello

empre.

Provincia

empre.

15Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) ATRAAutoviasa (Vigo)Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil1Marzo1 mes2003AVigoPontevedra

16Astano, Estaleiros e Talleres do NoroesteAstano (Fene)Sistemas electrónicos1Abril1 mes2003AFeneA Coruña

17Astano, Estaleiros e Talleres do NoroesteAstano (Fene)Soldadura1Marzo1 mes2003AFeneA Coruña

18Astano, Estaleiros e Talleres do NoroesteAstano (Fene)Mantemento e servicios á producción1Febreiro1 mes2003AFeneA Coruña

19Astano, Estaleiros e Talleres do NoroesteAstano (Fene)Deseño-delineación1Maio1 mes2003AFeneA Coruña

20Astillero Barreras (HIJOS de J. Barreras, S.A.)Astillero Barreras (Vigo)Soldadura e caldeirería1Do 24 de febreiro ó 8 de abril44 días2003AVigoPontevedra

21Astillero Barreras (HIJOS de J. Barreras, S.A.)Astillero Barreras (Vigo)Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque1Do 22 de abril ó 31 de maio44 días2003AVigoPontevedra

22Astillero Barreras (HIJOS de J. Barreras, S.A.)Astillero Barreras (Vigo)Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

23Calidad Inve Galicia, S.A.Calidad Inve Galicia S.A. (Begonte)Mantemento eléctrico-neumático e automatismos eléctricoselectrónicos de industria agroalimentaria1Do 28 de xaneiro ó 28 de marzo2 meses2003ABegonteLugo

24Centro de Saúde Abrente y Lago-Sergas.Centro de saúde Abrente y Lago-Sergas (A Coruña)Prevención bucodental1Do 28 de xaneiro ó 28 de marzo2 meses2003AA CoruñaA Coruña

25Compañia de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)Imaxe1Abril1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

26Compañia de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)Sistemas informáticos1Marzo1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

27Compañia de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)Estética e maquillaxe1Febreiro1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

28Complexo Hospitalario Juan Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Laboratorio de referencia bioquímica e ematoloxía1Do 28 de xaneiro ó 28 de marzo2 meses2003AA CoruñaA Coruña

29Complexo Hospitalario Juan Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Técnicas e procesos de enfermería1Abril1 mes2003AA CoruñaA Coruña

30Complexo Hospitalario Juan Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Radioloxía1Do 28 de xaneiro ó 28 de marzo2 meses2003AA CoruñaA Coruña

31Complexo Hospitalario Juan Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Servicio de microbioloxía1Do 1 ó 31 de marzo1 mes 2003AA CoruñaA Coruña

32Complexo Hospitalario Juan Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Procesos de hospitalización1Febreiro1 mes2003AA CoruñaA Coruña

33Complexo Hospitalario Juan Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Servicio de anatomía patolóxica1Do 1 de febreiro ó 31 de marzo2 meses2003AA CoruñaA Coruña

34Complexo Hospitalario Juan Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Técnicas e procesos de enfermería1Febreiro1 mes2003AA CoruñaA Coruña

35Complexo Hospitalario Universitario de SantiagoLaboratorio Central de Análises do HospitalAnálises clínicas1Marzo e abril2 meses2003ASantiago de CompostelaA Coruña

36Complexo Hospitalario Xeral Cíes de VigoComplexo Hospitalario Xeral Cíes de VigoUnidade de codificación1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

37Creaciones EnmanuelCreaciones Enmanuel (Lalín)Confección en tecido1Do 28 de xaneiro ó 25 de febreiro1 mes2003ALalínPontevedra

38Deleg. Prov. Sanidade da Coruña (Laboratorio de Saúde Ambiental)Laboratorio de Saúde Ambiental da Deleg. Prov.Laboratorio de análises de augas1Febreiro e marzo2 meses2003AA CoruñaA Coruña

39Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Castro CaldelasAtención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2003AOurenseOurense

40Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade do CarballiñoAtención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2003AOurenseOurense

41Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade do CarballiñoAtención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2003AOurenseOurense

42Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Cabeza de Vaca (Barbadás)Atención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2003AOurenseOurense

43Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Cabeza de Vaca (Barbadás)Atención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2003AOurenseOurense

44Deputación Provincial de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica do Areiro)Estación Fitopatolóxica do AreiroFitopatoloxía1Marzo1 mes2003APontevedraPontevedra

45Deputación Provincial de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica do Areiro)Estación Fitopatolóxica do AreiroCultivo en vitro1Abril1 mes2003APontevedraPontevedra

46EndesaEndesa (As Pontes de García Rodríguez)Instrumentación (central térmica)1Febreiro e marzo2 meses2003AAs Pontes de Gª RguezA Coruña

47EndesaEndesa (As Pontes de García Rodríguez)Laboratorio (central térmica)1Abril e maio2 meses2003AAs Pontes de Gª RguezA Coruña

48Finsa-Financiera Maderera, S.A.Finsa PadrónMantemento electrico1Do 3 ó 23 de marzo3 semanas2003ASantiago de CompostelaA Coruña

49Finsa-Financiera Maderera, S.A.Finsa Orember (Ourense)Química 1Do 24 de marzo ó 13 de abril3 semanas 2003ASantiago de CompostelaA Coruña

50Frigo Diz, S.A.Frigo Diz (A Coruña)Mantemento e servicios á producción (módulos de frío e aire acondicionado)1Marzo1 mes2003AA CoruñaA Coruña

51Galipiel, S.L.Tambre Piel (Políg. Tambre-Santiago de Compostela)Piel e napa1Abril1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

Núm.Nome empresaCentro de traballoEspecialidade

estadía

PrazasPeríodo

ofert.

DuraciónAnoMod.Concello

empre.

Provincia

empre.

52GrafinovaGrafinovaArtes gráficas: impresión offset e manipulados1Marzo1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

53GrafinovaGrafinovaArtes gráficas: impresión offset e manipulados1Abril1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

54IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)Igaem (Santiago de Compostela)As xiras de espectáculos (comunicación, imaxe e son)1Do 22 de xaneiro ó 6 de febreiro2 semanas2003ASantiago de CompostelaA Coruña

55IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)Igaem (Santiago de Compostela)As xiras de espectáculos (comunicación, imaxe e son)1Do 24 de febreiro ó 7 de marzo2 semanas2003ASantiago de CompostelaA Coruña

56IGAPEIgape (Santiago de Compostela)Proxectos e servicios de apoio á empresa1Febrero e marzo2 meses2003ASantiago de CompostelaA Coruña

57IGAPEIgape (Santiago de Compostela)Proxectos e servicios de apoio á empresa1Abril e maio2 meses2003ASantiago de CompostelaA Coruña

58Imprenta Universidade de SantiagoImprenta Universidade de SantiagoArtes gráficas: preimpresión, impresión offset e manipulados1Marzo1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

59Imprenta Universidade de SantiagoImprenta Universidade de SantiagoArtes gráficas: preimpresión, impresión offset e manipulados1Maio1 mes2003ASantiago de CompostelaA Coruña

60InducaInduca (Valdoviño)Control de calidade1Do 1 ó 15 de maio2 semanas2003AValdoviñoA Coruña

61IZAR (Astillero Ferrol)IZAR (Astillero Ferrol)Control numérico. fabric.turb.1Febreiro1 mes2003AFerrolA Coruña

62IZAR (Astillero Ferrol)IZAR (Astillero Ferrol)Axust. mont.torner. fresador1Marzo1 mes2003AFerrolA Coruña

63IZAR (Astillero Ferrol)IZAR (Astillero Ferrol)Mecanizado fabic.turb.1Marzo1 mes2003AFerrolA Coruña

64IZAR (Astillero Ferrol)IZAR (Astillero Ferrol)Electrónico1Abril1 mes2003AFerrolA Coruña

65IZAR (Astillero Ferrol)IZAR (Astillero Ferrol)Delineación construcción civil1Abril2 mes2003AFerrolA Coruña

66IZAR (Astillero Ferrol)IZAR (Astillero Ferrol)Prevención de riscos1Febreiro3 mes2003AFerrolA Coruña

67IZAR (Astillero Ferrol)IZAR (Astillero Ferrol)Medio ambiente 1Maio4 mes2003AFerrolA Coruña

68MAPFRE (banca y seguros)Mapfre (Lugo)Operacións bancarias e operacións de seguros e reaseguros1Do 28 de xaneiro ó 28 de marzo2 meses2003ALugoLugo

69Motores y Vehículos Orense, S.A.-Opel MoyvesaOpel Moyvesa (Ourense)Reparación integral de vehículos1Marzo e abril2 meses2003AOurenseOurense

70Padroado Provincial de Turismo de Ourense (INORDE)Padroado Provincial de Turismo de OurenseInformación, comercialización e desenvolvemento turístico1Marzo e abril (horario de tarde)2 meses2003AOurenseOurense

71Panadería BarciaPanadería Barcia-CarralPanadería1Do 15 de febreiro ó 30 de maio (horario de tarde)4 meses e medio2003ACarralA Coruña

72Panadería BarciaPanadería Barcia-CarralPanadería1Do 15 de febreiro ó 15 de maio (horario de tarde)4 meses2003ACarralA Coruña

73PaneltronPaneltronOperar con máquinas gobernadas por C.N.C.1Do 1 ó 15 de marzo2 semanas2003ACambreA Coruña

74Puertas tren «Sarman, S.A.»Puertas Tren «Sarman S.A.»-Cambre)Control de calidade1Do 1 ó 15 de abril15 días2003ACambreA Coruña

75Puertas tren «Sarman, S.A.»Puertas Tren «Sarman S.A.»-Cambre)Organización e control de la producción1Do 1 ó 15 marzo15 días2003ACambreA Coruña

76Puertas tren «Sarman, S.A.»Puertas Tren «Sarman S.A.»-Cambre)Operar con máquinas gobernadas por C.N.C.1Do 15 ó 31 de marzo15 días2003ACambreA Coruña

77Repsol Petróleo, S.ARepsol Petróleo (A Coruña)Verificación mecánica1Marzo1 mes2003AA CoruñaA Coruña

78Repsol Petróleo, S.ARepsol Petróleo (A Coruña)Verificación mecánica1Maio1 mes2003AA CoruñaA Coruña

79Repsol Petróleo, S.ARepsol Petróleo (A Coruña)Verificación mecánica1Febreiro1 mes2003AA CoruñaA Coruña

80Repsol Petróleo, S.ARepsol Petróleo (A Coruña)Electrónica de control1Febreiro1 mes2003AA CoruñaA Coruña

81Repsol Petróleo, S.ARepsol Petróleo (A Coruña)Electrónica de control1Maio1 mes2003AA CoruñaA Coruña

82Repsol Petróleo, S.ARepsol Petróleo (A Coruña)Electrónica de control1Marzo1 mes2003AA CoruñaA Coruña

83Seat Marineda Motor S.A.Seat Marineda Motor (A Coruña)Chapa e pintura do automóbil1Do 1 de abril ó 15 de maio1 mes e medio2003AA CoruñaA Coruña

84Seat Marineda Motor S.A.Seat Marineda Motor (A Coruña)Mecánica1Do 1 de abril ó 15 de maio1 mes e medio2003AA CoruñaA Coruña

85TelefónicaTelefónica (A Coruña)Equipos de telefonía1Abril1 mes2003AA CoruñaA Coruña

86TelefónicaTelefónica (A Coruña)Equipos de telefonía1Marzo1 mes2003AA CoruñaA Coruña

87TelefónicaTelefónica (Vigo)Equipos de telefonía1Marzo1 mes2003AVigoPontevedra

88TelefónicaTelefónica (Vigo)Equipos de telefonía1Abril1 mes2003AVigoPontevedra

89Unión FenosaUnión Fenosa (Pontevedra)Electricidade1Marzo1 mes2003AVigoPontevedra

90Unión FenosaUnión Fenosa (Meirama)Mantemento e servicios á producción1Febreiro1 mes2003AA CoruñaA Coruña

91Unión FenosaUnión Fenosa (Meirama)Mantemento e servicios á producción1Febreiro1 mes2003AA CoruñaA Coruña

92Unión Fenosa (Vigo)Unión Fenosa (Vigo)Electricidade1Febreiro1 mes2003AVigoPontevedra

93Universidade de VigoITS Ingenieros de Comunicación (Vigo)Montaxe de circuítos electrónicos, manexo de aparatos de medida convencionais e novas tecnoloxías das comunicacións1Do 1 de febreiro ó 30 de abril2 meses2003AVigoPontevedra

94Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias)Facultade de Ciencias (Campus Ourense)Microbioloxía e hixiene alimentaria1Do 1 de marzo ó 30 de abril2 meses2003AOurenseOurense

95Viaxes Paco, S.A.Viaxes Paco, S.A.Axencia de viaxes minorista1Do 1 ó 15 de maio1 mes2003AA CoruñaA Coruña

96Vilar CastrO Hnos. C.BVillar Castro Hnos (A Coruña)Mecanizados1Do 1 ó 30 de abril1 mes2003AA CoruñaA Coruña

ANEXO IV

MéritosTotal

puntos

máximo

Documentos

1. Proxecto de estadía formativa para a modalidade B.

1.1 Polo interese que ofreza para mellora-la calidade do ensino na impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

0 a 5

O solicitado no anexo III.

2. Méritos docentes:

2.1. Servicios docentes ......

2.1.1. Por cada ano de servicio como funcionario de carreira: 1 punto por ano completo.

2.1.2. Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida: 0,20 puntos por ano completo.

2.1.3. Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado: 0,50 puntos por ano completo (agás o primeiro ano que pode ser máis de nove meses).

Por estes tres subapartados ata 10 puntos

Folla de servicios certificada e pechada pola delegación provincial correspondente e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira.

2.2. Informe do Servicio de Inspección de Educación. Ata 3

3. Actividades de formación permanente:

3.1.Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade:

0,50 puntos por actividade como máximo

4

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

3.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo

2

3.3. Cursos de lingua galega:

3.3.1. Especialización

3.3.2. Perfeccionamento

3.3.3. Iniciación

(Nota: non acumulables entre si)

1,5

1

0,5

4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensinanzas:

Libro:

-Non especializado ata 0,50 p

-Especializado ata 1 p

3

Exemplares correspondentes avalados por organismos públicos, nos que conste o ISBN.
Revista:

-Non especializada ata 0,50 p

-Especializada ata 0,50 p

3
Video/cassete, CD, disquete:

-Non especializado ata 0,25 p

-Especializado ata 0,50 p

3

MéritosTotal

puntos

máximo

Documentos

5. Méritos académicos:

5.1. Título de doutor: 1,5 puntos

Ata 3 puntos

Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudios.
5.2. Para funcionarios do corpo de mestres: título de licenciado: 1 punto.

5.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia: 0,25 puntos