Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.815

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se fai pública a lista de aprobados no curso de especialización en educación infantil para mestres convocado pola Orde do 10 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 4 de maio).

Pola Orde do 10 de abril de 2001 (DOG do 4 de maio) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou un curso de especialización en educación infantil para mestres en servicio activo na Comunidade Autónoma de Galicia, para realizar segundo a modalidade de formación a distancia.

Desenvolvidas as fases teórico-práctica, práctica e avaliación previstas nos puntos I e II do anexo I da devandita orde de convocatoria, procede facer pública a relación dos mestres que as superaron. En consecuencia,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar aptos os mestres que superaron satisfactoriamente o citado curso de especialización en educación infantil, convocado por Orde do 10 de abril de 2001, que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederán a expedi-la certificación de habilitación en educación infantil ós mestres funcionarios de carreira que se declaran aptos ó abeiro desta resolución.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o disposto nos artigo 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

Mª Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional

ANEXO

Profesores declarados aptos no curso de especialización en educación infantil

DNI Apelidos e nome

32791817Buide Hernández, María Teresa

07467359Cid Fernández, María Concepción

35282074Couto Paz, María Teresa

32645312Estévez Ledo, Magdalena

34927578Fernández Núñez, María Esther

32776354Juncter Mouzo, María Dolores

DNI Apelidos e nome

34586577Lastra Lorenzo, Jaime

33785981López Sánchez, Carmen

76505556Mahía Paredes, Clotilde

34957268Pérez González, Cristalina

32412584Santamariña Peteiro, José

34925811Seoane Balado, Estrella Isabel

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO