Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.772

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(694/2001). 16.772

CÉDULA de notificación de auto de aclaración de sentencia (213/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 213/2002 por instancia de Édison Fabricio Alarcón Hermida e outros contra a empresa Promogas 2010, S.L. e outros, sobre despedimento, nos que

recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

S.Sª acorda modifica-la parte dispositiva da resolución recorrida que quedará do teor literal seguinte: «que estimando a demanda promovida por Édison Fabricio Alarcón Hermida, Fernando Javier Medina Sol e Franklin Ruben Martínez Barrero, contra a empresa Promogas 2010, S.L., Tindigas, S.L., Diz Gas 40, S.L. e Agustín Pardiñas Blanco debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós actores na data 15-2-2002 condenando as demandadas Promogas 2010, S.L., Tindigas, S.L., Diz Gas 40, S.L. a que no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexerán antes de producirse o despedimento ó aboamento da cantidade de 2.576,13 euros en concepto de indemnización a Édison Fabricio Alarcón Hermida, 2.053,99 euros, a Fernando Javier Medina Sol e 1.735,86 euros a Franklin Ruben Martínez e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a data desta resolución

que ascende á suma de 5.889,94 euros para un dos demandantes. Excepto para Fabricio Alarcón, que se fixa ata o día no que comezou a prestar servicios para a nova empresa. Absólvese a Agustín Pardiñas Blanco de tódolos pedimentos contidos naquela.

Así, por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empesario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5,605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse conta-lo responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándola na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada; definitivamente xulgando en primeira intancia pronúncioo, mándoo e asinoo».

Así por esta miña sentencia do que unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Indigas, S.L.

expido e asino esta cédula na Coruña o 5 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado