Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (694/2001).

Eu Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 694/2001 por instancia de Marta Castro Rodríguez contra Instituto Eurotchnology Empresas, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 23-9-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión xudicial. Que estimando a demanda promovida por Marta Castro Rodríguez contra Instituto Eurotchnology Empresas, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó actor a cantidade de 672,42 euros (111.881 pesetas) por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Instituto Eurotchnology Empresas, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña a 5 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado