Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.772

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto de aclaración de sentencia (402/1999).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 402/1999, por instancia de Marcos Canosa Buituron contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, TGSS, a mutua Fremap e a empresa Valentín Rodríguez Hernández sobre prestacións, nos que recaeu auto de aclaración de sentencia en data 4-11-2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo que estimando a demanda interposta por Marcos Canosa Buitron contra Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua La Fraternidad, a Tesourería Xeral da Seguridade Social debo declarar e declaro que o demandante se encontra en situación constitutiva de invalidez permanente no grao de total para a súa profesión habitual de camareiro por accidente de traballo, con dereito a pensión vitalicia na contía inicial do 55% da base reguladora de 638 euros (106.154 pesetas) ó mes, 12 veces ó ano, condenando a parte demandada mutua La Fraternidad a aboarlla cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes. E ó Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesourería Xeral da Seguridade Social nas súas respectivas responsabilidades. Absólvese a empresa.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncia-lo pre

viamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Valentín Rodríguez Hernández expido e asino esta cédula na Coruña, 4 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado