Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.771

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

EDICTO (80/2000).

No procedemento de xuízo de cognición que baixo o número 80/2000 se segue por instancia da entidade Renault Financiaciones, S.A., Establecimiento Financiero de Crédito, representado polo procurador Manuel Cabado Iglesias, baixo a dirección do letrado Rodríguez-Gigirey Pérez, contra José Fernández Martínez, representado polo procurador Constantino Prieto Vázquez (de oficio), baixo a dirección da letrada Ana Otero Rodríguez (de oficio) e Francisco Fernández Serantes, declarado en rebeldía e en ignorado paradoiro, por medio deste edicto notifícaselle ó demandado Francisco Fernández Serantes, a sentencia recaída nestes autos, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número 76.

En Viveiro, 31 de maio de 2002.

Vistos por min, Marta Canales Gantes, estes autos de xuízo de cognición rexistrados neste xulgado co número 80/2000, promovidos por Renault Financiaciones, S.A., Establecimiento Financiero de Crédito, representado polo procurador Manuel Cabado Iglesias, e coa asistencia letrada de A. Rodríguez-Gigirey Pérez, contra José Fernández Martínez, representado polo procurador Constantino Prieto Vázquez e coa asistencia letrada de Ana Otero Rodríguez, contra Francisco Fernández Serantes, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Manuel Cabado Iglesias, en nome e representación a entidade Renault Financiaciones, S.A., Establecimiento Financiero de Crédito, contra José Fernández Martínez, representado polo procurador Constantino Prieto Vázquez, e contra Francisco Fernández Serantes, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno solidariamente a José Fernández Martínez e a Francisco Fernández Serantes, a que lle aboen á entidade demandante a cantidade de setecentas once mil novecentas setenta e seis mil pesetas (é dicir, 4.279,06 euros), mailos xuros moratorios pactados ó tipo dun 2 % mensual desde a data do peche da conta, o día 13 de decembro de 1999, ata o pagamento efectivo desta cantidade condenándoos, igual

mente e de forma solidaria, ó aboamento das custas causadas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentencia, que non produce efectos de cousa xulgada, poderán interpor recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, que se presentará ante este mesmo xulgado, con suxeición ó prevido nos artigos 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa incorporación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia da situación de rebeldía procesual e do ignorado paradoiro de Francisco Fernández Serantes e para a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado e para a súa publicación no DOG, esténdese este edicto para que lle sirva de notificación ó demandado en ignorado paradoiro.

Viveiro, 21 de outubro de 2002.

O/A secretario/a

Rubricado