Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.771

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (361/1998).

María Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela, fai saber, que neste tribunal se tramita procedemento de separación contenciosa 361/1998, por instancia de Rosa María Leis Calviño contra Manuel Camino Piñeiro, no que por resolución desta data se acordou expedir este edicto co obxecto de que se proceda á publicación da sentencia, que ten un encabezamento e unha parte dispositiva que din:

«Procedemento: separación contenciosa 361/1998.

En Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

María Fe López Juíz, maxistrada-xuíza de primeira instancia e instrucción número un de Santiago de Compostela, vistos os autos seguidos neste xulgado co número 361/1998, por instancia de Rosa María Leis Calviño, representada pola procuradora Queiro García e dirixida pola letrada Vieito Mayo, contra Manuel Camino Piñeiro, coa intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución. Acordo que procede a separación dos cónxuxes Rosa Mª Leis Calviño e Manuel Camino Piñeiro, elevando a definitiva a separación provisional que manteñen, cos demais efectos inherentes, tales como a disolución do réxime económico fa-

miliar.

En canto ós efectos subsidiarios, adxudícaselles á nai e ás fillas o uso do domicilio familiar, así como o enxoval e o mobiliario que nela hai.

Ámbolos proxenitores manterán a patria potestade sobre as fillas menores, correspondéndolle a garda e a custodia á nai.

O réxime de visitas, por parte do Sr. Camino Piñeiro con respecto ás súas fillas menores, aterase ó que se determine en execución de sentencia, sempre en interese e beneficio das menores.

O Sr. Camino Piñeiro ingresará no número de conta que a nai para tal efecto designe, a cantidade de 20.000 pesetas por cada unha das súas fillas, en concepto de alimentos, nos cinco primeiros días de cada mes, con actualización segundo a variación dos seus ingresos.

Non se fai expresa imposición de custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes perante a Audiencia Provincial da Coruña.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Camino Piñeiro, libro e expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Dado en Santiago de Compostela o seis de novembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE VIVEIRO