Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.770

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se eleva a definitiva a lista provisional de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda especial, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

De conformidade coa base común 4, punto 3 da Orde do 16 de xullo de 2002, pola que se convocaban procedementos selectivos de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda especial, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, e vistas as reclamacións presentadas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda especial, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, publicada na Resolución do 22 de outubro do 2002 (DOG do 4 de novembro).

Segundo.-Os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA