De conformidade coa base común 4, punto 3 da Orde do 11 de xullo de 2002, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, na espe
cialidade de psicoloxía e pedagoxía, e vistas as reclamacións presentadas, esta direccion xeral
DISPÓN:
Primeiro.-Elevar a definitiva a lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, publicada na Resolución do 23 de outubro do 2002 (DOG do 4 de novembro).
Segundo.-Os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Persoal