Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.773

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (529/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño:

Nos autos de xuízo número 529/2002, seguidos por instancia de Silvia Méndez Fernández contra a empresa Gavín Seoane, María José e outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, seis de novembro de dous mil dous. Vistos por Mar Ferreiro Rozas, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 529/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Silvia Méndez Fernández, representada polo graduado social Fernando Somoza Puelles e, como parte demandada, a empresa dedicada a salón de beleza, titularidade de María José Gavín Seoane, que non compareceu, malia estar citada en legal forma e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez.

Decido que estimando a demanda interposta por Silvia Méndez Fernández, contra a empresa Gavín Seoane, María José, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar á Silvia Méndez Fernández a cantidade de novecentos dous euros con tres céntimos de euro (902,03 euros), polos conceptos expresados no punto segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da eventual responsabilidade subsidiaria que puidese alcanzalo de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe ningún recurso, polo que de declara a súa firmeza (ex arts. 189.1 TRLPL, 100 da LPL e 248-4º LOPX).

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mar Ferreiro Rozas. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Gavín Seoane, María José, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o seis de novembro de dous mil dous.

Rubricado