Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de outubro de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que notifica dilixencia de embargo pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Cegape, S.L.).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor;dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1ºA) no prazo de dez días contados desde ó seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de outubro de 2002.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Cegape S.L.

NIF: B-15590979.

Data dilixencia: 1-10-2002.

Descrición do obxecto: porción de terreo a labradío chamado Eira, no lugar de Infesta, parroquia de San Cristovo das Viñas, de cabida 3.000 metros cadrados, que actualmente linda: norte, resto de parcela da que se segrega; sur, labradío alugado a Jesús Catoira; leste, labradío dos herdeiros de José Rivero, Luis Sánchez, Jorge Lage, Manuela Catoira, Manuel

Sánchez e outros propietarios descoñecidos; oeste, campo de Marina Moreno Gestal, casa de Mateo López, horta de Vicente Diéguez, casa e horta de Jesús Saavedra e camiño de Infesta a Vioño e hoxe, ademáis con finca do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, zona expropiada do predio orixinario. O predio descrita é segregación da matriz número 36.788, inscrición 3ª do libro 469, folio 195 do Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña, titularidade do Concello da Coruña.

A Compañía Cegape S.L. é titular do predio descrito en virtude de escritura de permuta do 7 de marzo de 2001, outorgada polo Concello da Coruña a favor da referida compañía e autorizada polo notario da Coruña Miguel Jurjo Otero, baixo o número de protocolo 420.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA