Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.646

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, en sesión do Pleno que tivo lugar o día 25 de setembro de 2002, adoptou acordo relativo á creación do posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, ó amparo do establecido no artigo 6 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, propoñendo a súa clasificación en clase 3ª, subescala secretaría-intervención.

Por isto, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 241 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e da Orde do 29 de maio de 2002, sobre delegación de competencias no director xeral de Administración local, esta dirección

DISPÓN:

Clasifica-lo posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional do Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento da Coruña, conforme se especifica:

Denominación: secretario-interventor.

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 10.1º b) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE