Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.645

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de novembro de 2002 pola que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 160, do 20 de agosto).

Pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) convocouse o proceso selectivo para o acceso á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) da Xunta de Galicia, sendo elevada a definitiva a proposta de aspirantes que superaron este proceso mediante a Orde do 22 de outubro de 2002 (DOG nº 209, do 29 de outubro).

Verificados os requisitos esixidos nas bases da convocatoria e celebrado o acto de petición previsto na Orde do 18 de novembro de 2002 (DOG nº 224,

do 20 de novembro), esta consellería, de acordo co previsto no IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia ós aspirantes aprobados que se relacionan no anexo I, ordenados de acordo coa puntuación final obtida e adxudicándolles como destinos definitivos os que figuran no anexo II.

Segundo.-Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, as persoas ás que se refire o anexo I deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo (anexo II) no prazo dun mes, previsto no artigo 13 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Grupo I.

Categoría 002 (titulado superior médico).

Apelidos e nomeDNIPuntos totais

Lado Canosa, Mª de los Ángeles32449408-L45,14

Rodríguez Carnero, Susana34984912-A43,95

Hermida Díaz, Ana Mª35311258-W42,17

Ares Bañobre, Mª Mercedes32641973-M39,08

Fernández García, José Manuel33289060-X38,85

Bartolomé García, Estrella45416635-F38,80

Pérez Caloto, Margarita Mª32429940-D32,17

ANEXO II

Grupo I.

Categoría 002 (titulado superior médico).

Apelidos e nomeNIFCódigo do postoDenominaciónCentro de destino

Lado Canosa, Mª de los Ángeles32449408-LASC991000027001201Titulado superior médicoDelegación Provincial de Lugo

Rodríguez Carnero, Susana34984912-AASC994020136440015Titulado superior médicoCentro de Atención a Minusválidos Psíquicos (Redondela)

Apelidos e nomeNIFCódigo do postoDenominaciónCentro de destino

Hermida Díaz, Ana Mª35311258-WASC994030236560004Titulado superior médicoResidencia de Maiores (O Meixoeiro-Vigo)

Ares Bañobre, Mª Mercedes32641973-MASC994020127560009Titulado superior médicoCentro de Atención a Minusválidos Psíquicos (Sarria)

Fernández García, José Manuel33289060-XASC994030336560017Titulado superior médicoResidencia Asistida de Maiores (Vigo)

Pérez Caloto, Margarita Mª32429940-DEDC994090115350011Médico (medicina xeral)CEE Carmen Polo (Ferrol)