Convocada a provisión polo sistema de libre designación de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 21 de outubro de 2002 (DOG nº 209, do 29 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 21 de outubro de 2002.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,
Muller e Xuventude
ANEXO I
-NRP: 3386192602 A2060.
Grupo: A.
Apelidos e nome: Rubal González, María Cristina.
Código do posto: FA.C04.00.001.15770.001.
Denominación: Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.
Nivel: 30.
Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.
Localidade: Santiago de Compostela.
-NRP: 3460304368 A2051.
Grupo: B.
Apelidos e nome: Pinal Fuentes, Ana María.
Código do posto: FA.C04.00.003.15770.045.
Denominación: Servicio de Deseño e Acreditación das Cualificacións.
Nivel: 28.
Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.
Localidade: Santiago de Compostela.