Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Cruz do Lobo, no concello de Barreiros. (Expediente 13/2001 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de BEGASA, con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro, 4, Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentou a seguinte alegación:

1º Marta Liliana Posso Gordillo que en primeiro lugar manifesta se-la actual propietaria da parcela nº 17 das afectadas polo trazado da liña eléctrica que nos ocupa polo que solicita que tódalas dilixencias derivadas do presente expediente se entendan con ela. En segundo lugar fai constar que a liña eléctrica en cuestión é solicitada por un consumidor que ten un negocio nunha nave industrial que, como as que foron construídas en datas recentes na zona, superan os límites de edificabilidade permitido. Por último, a alegante manifesta que o trazado da liña supón un grave prexuízo para a súa parcela por existir nela unha actividade empresarial e que ademais se imcumpre o establecido no artigo 161 do Real decreto 1955, do 27 de decembro de 2000, sobre prohibición para a imposición de servidumes de paso, propoñendo a alegante 4 alternativas ó trazado proxectado.

Considerando que tal alegación, vista a contestación dada a elas por parte da empresa promotora e o resto de documentación que consta no expediente, non impide continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1º Porque a empresa BEGASA tomou nota do cambio de titularidade da parcela así como esta delegación provincial, de xeito que tódalas dilixencias derivadas da tramitación deste expediente con respecto á parcela nº 17 das afectadas polo presente proxecto, se entenderán coa alegante.

2º Porque, en canto ás características e aproveitamento da parcela, titularidade de Marta Liliana Posso Gordillo, estas se definirán de forma exacta

no momento do levantamento da acta previa á ocupación (acto ó que se emprazará a alegante co fin de que poida efectua-las manifestacións que considere oportunas en defensa dos seus intereses), co obxecto de que, en función desta descrición, se inicie o procedemento para a determinación da indemnización que corresponda segundo o establecido nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa.

3º Por último, en canto ás propostas de trazado alternativo realizadas pola alegante, examinadas polos servicios técnicos desta delegación provincial, infórmase que non cumpren os requisitos establecidos no artigo 161 do mencionado Real decreto 1955/2000 por superaren todas elas a lonxitude do dez por cento da parte da liña afectada pola variación que, segundo o proxecto, transcorre pola propiedade da alegante, ademais de supoñer todas elas novas afeccións a terceiros.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e vista a Lei 54/1999, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. Eiras e remate no C.T. proxectado de Cruz do Lobo de 738 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-110.

2. Centro de transformación de intemperie de Cruz do Lobo de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Cruz do Lobo de 140 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación o modificado do proxecto de execución denominado L.M.T., C.T., R.B.T. Cruz do Lobo, asinado polo enxeñeiro industrial Jesús Roibás Rodil, e visado polo Colexio Ofi

cial de Enxeñeiros Industriais de Galicia en Lugo co número 3275/2001 en data 29-4-2002, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II, título VII do citado Real decreto 1955/2000, e visto o contido dos informes técnicos de data 28 de xuño de 2002.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso do 30 de xullo, Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto e no BOP de Lugo do 7 de agosto de 2002, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Barreiros. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 8 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo