Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor
mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Aúde, Vilar, Pacios e A Oseira.
Situación: Ferreira de Pantón.
Características técnicas: L.M.T.A. a 20 kV, con lonxitude de 0,011 km, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. a C.T. de Acedre, conductor tipo LA-56 e final no C.T. Vilar. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T.A. con lonxitude de 1,6 km con orixe no C.T. de Vilar, conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 21 de outubro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo