Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba e autoriza o proxecto denominado L.M.T., C.T. e R.B.T. de Barranca e Santo Estevo, no concello de Barreiros. (Expediente 12/2001 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro, 4, Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285, do 28 de novembro), do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de novembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan os procedementos da autorización de instalacións eléctricas de enerxía.

Visto que na tramitación do expediente a empresa manifesta ter chegado a un mutuo acordo con tódolos

interesados sometidos ós trámites expropiatorios polo que, mediante escrito do 12 de setembro de 2002, solicita que se admita a súa desistencia en canto á solicitude inicial de declaración de utilidade pública da instalación L.M.T., C.T., R.B.T. Barranca e Santo Estevo (obxecto do presente expediente) e que se dicte resolución exclusivamente na parte que corresponda á autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Visto que, en cumprimento do establecido no artigo 91.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro de 2000), deuse traslado desta solicitude de desistencia ós interesados sen que dentro do prazo establecido para o efecto se formularan obxeccións a ela.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a BEGASA o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Barranca e remate no C.T. proxectado de Santo Estevo de 963 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Santo Estevo de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Santo Estevo de 1.920 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

4. Rede de baixa tensión aérea de Barranca de 1.115 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

5. Rede de baixa tensión aérea de Penacha de 340 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II, título VII do citado Real decreto 1955/2000, e visto o contido do informe técnico do 27 de febreiro de 2002.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación, sen prexuízo de

que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 2 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo