Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 18352 ampliación 2002).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Sta. Mariña 132/15 kV ampliación parque 132 kV.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: ampliación da subestación Santa Mariña 132/15 kV, consistente en:

-Substitución actuais barras xerais por novo embarrado de tubo de aluminio 120/104 mm.

-Nova posición de liña 132 kV, denominada parque eólico de Lagoa, integrado por:

Interruptor automático en SF6 para 145 kV e 2.500 A. Dous seccionadores tripolares rotativos para 145 kV e 2000 A, un sen coitelas de p.a.t. e outro con coitelas de p.a.t.. Tres transformadores de intensidade Arteche CAG-145. Catro transformadores de tensión Arteche UTE-145. Tres autoválvulas. Equipo para sistema de central, proteccións e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña