Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona apertura de expediente sancionador, pendente de notificar, e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Rodríguez Marcote, María Teresa).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase apertura de expediente sancionador, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 30 de outubro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

-Interesada:

Rodríguez Marcote, María Teresa.

DNI: 36007627-T.

Gran Vía, 162-10º, Vigo.-Procedemento:

Imposto sobre sucesións e doazóns.

Exercicio: 1999.