Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de outubro de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Conservación de Alimentos Sociedad e dous máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores, dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, empránzanse os interesados ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17, 1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 24 de outubro de 2002.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData da

dilixencia

Descrición do ben

Conservación de Alimentos Sociedad3-7-2002Predio de referencia catastral 0912010NJ4081S0001LS

Méndez Rodríguez, Ana María32613579-Q16-10-2002Embargo de retribucións na empresa Ministerio Facenda-Delegación Economía e Facenda

Transportes Cuatro Jotas, S.L.B1525115017-10-2002Vehículo matrícula C-02036-R