Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.454

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (401/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 401/2002, seguidos pola instancia de José Seijas Vales e José Manuel Sanmiguel Alvariño contra Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa), sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, do 21 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por José Seijas Vales e José Manuel Sanmiguel Alvariño, debo declarar e declaro o dereito dos actores a percibi-la cantidade de 1.133,06 euros y 1.117,1 euros respectivamente polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno a empresa Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa), a que estando e pasando por tal declaración lle aboe ó demandante José Seijas a cantidade de 1.133,06 euros e a José Manuel Sanmiguel a cantidade de 1.117,11 euros en concepto de salario de abril de 2002.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse

perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por simple manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros, na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa), que tivo o seu último enderezo coñecido en polígono de Pocomaco, parcela A2, nave 1, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 31 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA