Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.454

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (297/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Josefa Vázquez Anido, contra Manuel Seoane García, sobre demanda de divorcio número 297/2002, se dictou o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e do seu partido, coñecendo nos autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 297/2002, por instancia de Josefa Vázquez Anido, representada pola procuradora Ana García-Boente, por esta cédula e con entrega das oportunas copias de demanda e documentos que se xuntan, confírese traslado dela e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días compareza nos autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, propondo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non facerlle máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste e sirva de emprazamento á parte demandada Manuel Seoane García, expido este edicto na Coruña, 4 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado