Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.453

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (573/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 573/2002 se acordou a citación de Fátima Fernández Herrera, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e do seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 573/2002, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Fátima Fernández Herrera, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 19 de decembro ás 9.45 horas, compareza neste xulgado para a práctica das dilixencias, prevíndoa de que de non verificalo, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 30 de outubro de 2002.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto que asino na Coruña o 30 de outubro de 2002.

A secretaria

Rubricado