Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.453

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (318/2002).

Eu, Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, certifico que nos autos de xuízo de desafiuzamento, falta de pagamento número 318/2002-PC, sobre falta de pagamento da renda e reclamación das cantidades debidas, coas partes que se mencinarán, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva, do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña o tres de outubro de dous mil dous. Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de desafiuzamento, falta de pagamento nº 318/2002-PC, promovidos como parte demandante por José Manteiga Mosquera, representado polo procurador Ricardo Sanzo Ferreiro contra Carlos Cuesta Royo e María Pilar Plantón Refoyo, declarado en rebeldía, en primeira sentencia, díctase en nome de El-Rei a seguinte: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando integramente a demanda deducida polo procurador Ricardo Sanzo Ferreiro en nome e representanción de José Manteiga Mosquera contra Carlos Cuesta Royo e María Pilar Plantón Refoyo, en situación procesual de rebeldía, declaro que hai lugar ó desafiuzamento por falta de pagamento da renda correspondente ó arrendamento do local baixo do edificio nº 4 da rúa Puerto Rico desta cidade; condeno os demandados a que no prazo legal desaloxen e deixen libre o expresado local baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixesen.

Condeno, así mesmo, os demandados a que aboen ó demandante a suma de 971,22 euros, cantidade á que será de aplicación o disposto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil, correspondentes ás rendas dos meses de maio e xuño de 2002, máis as

demais rendas vencidas e que venzan, a razón de 485,61 euros mensuais (incluído o IVE e deducida a retención de IRPF), desde a data da presentación da demanda ata a da efectiva entrega ou devolución do local ó arrendador. Impóñolle á parte demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, que se deberá preparar perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e ss. da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se admitirá recurso ningún á parte demandada se ó preparado non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que consonte o contrato deba pagar adiantadas.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde e para a súa inserción no BOP e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña o catro de outubro de dous mil dous».

A secretaria

Rubricado