Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.452

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de poxa (40/1995).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que por resolución do día da data, dictada por este tribunal, na causa número 242/1992, P.A. número 40/1995, A Coruña-1, seguido contra José Manuel Enríquez Enríquez, Jesús Corzo Sierra (falecido) e outros, por un delito de estafa, acordouse sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os seguintes bens inmbles:

1. Predio urbano: casa sinalada co número 18 da rúa Lope de Vega (actualmente casa número 6 da avenida do Exército) da Coruña. Ocupa unha superficie de 136 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña co número 10.084-N, folios 164 a 166 do libro 248 e folio 222 do libro 1808. A dita casa está composta de planta baixa e cinco pisos. Declaración de obra nova: 1958.

Sácase a poxa, de forma conxunta e indivisa, a cuarta parte desta casa, que se compón dos seguintes elementos:

1.1. Planta baixa local comercial destinado a cafetería.

Local de planta rectangular con fronte á avenida do Exército por onde ten a súa entrada. Lonxitude da fachada á rúa 6,47 metros dos cales 4,42 están acristalados. A superficie é duns 125 metros cadrados.

Situación posesoria: alugada.

Cargas: libre.

Valor da taxación da cuarta parte indivisa: 33.818,13 euros.

1.2. Planta primeira destinada a vivenda.

A vivenda distribúese en seis cuartos, cociña e baño. A superficie é duns 109 metros cadrados.

Situación posesoria: alugada.

Cargas: libre.

Valor da taxación na cuarta parte indivisa: 28.495,44 euros.

1.3. Planta destinada a vivenda.

Distribución: similar á planta primeira.

Situación posesoria: alugada.

Cargas: libre.

Valor da taxación da cuarta parte indivisa: 30.391,93 euros.

1.4. Planta terceira destinada a vivenda.

Distribución: similar á planta primeira.

Situación posesoria: ocupada por un copropietario.

Cargas: libre.

Valor da taxación da cuarta parte indivisa: 30.391,93 euros.

1.5. Planta cuarta destinada a vivenda.

Distribución: similar á planta primeira.

Situación posesoria: alugada.

Cargas: libre.

Valor da taxación da cuarta parte indivisa: 29.223,05 euros.

1.6. Planta quinta destinada a vivenda.

Distribución: similar á planta primeira.

Situación posesoria: ocupada por un copropietario.

Cargas: libre.

Valor da taxación da cuarta parte indivisa: 20.375,64 euros.

Valor de taxación para a poxa da cuarta parte conxunta e indivisa do predio (1.1, .1.2, 1. 3, 1.4, 1.5 e 1.6): 172.696,12 euros.

2. Predio número 197. Piso 6º. Letra J. Bloque Géminis II. Rúa Gran Vía de La Manga. Saída 2. Deputación: Rincón de San Ginés. Municipio de Cartaxena (Murcia). Inscrita no Rexistro da Propiedade de La Unión (Murcia). Predio número 14.184, libro 180, folio 80 (folio 190, libro 441) da 1ª sección. Inscrición segunda. Superficie útil 52,67 metros cadrados. Conservación do inmoble: media. Equipamento: porteiro automático, porteiro físico todo o ano, 3 ascensores, un ascensor montacargas, párking privado, carpintería exterior de aluminio. O edificio atópase na primeira liña ó mar Mediterráneo e a uns 300 metros do mar Menor. Zonas deportivas privadas e zonas verdes.

Sácanse a poxa as dúas cuartas partes indivisas deste predio.

Cargas: libre.

Valor da taxación para a poxa das dúas cuartas partes: 32.155,30 euros.

A poxa terá lugar na sala de audiencia da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, sita na rúa Capitán Juan Varela, s/n, ás dez horas do día 18 de decembro de 2002, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Os predios 1 e 2 poxaranse separadamente e pola orde en que aparece no edicto.

Segunda.-As certificacións rexistrais dos predios están de manifesto na secretaría deste tribunal.

Terceira.-Polo simple feito de participar na poxa entenderase que os ofertantes aceptan como suficiente a titulación que consta en autos e que aceptan, así mesmo, subrogarse nas cargas ou gravames anteriores ó crédito polo que se executa, se os houber, en caso de que o remate se adxudique ó seu favor.

Cuarta.-Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente, o 30% do valor de taxación para a poxa, na conta de depósitos e consignacións desta sección número 1543-0000-78-0040-95 do Banco Bilbao Vizcaya-Argentaria (BBVA); identificarse de forma suficiente; declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa, e presentar xustificante do depósito a que se refire a condición anterior.

Sexta.-Desde o anuncio da poxa ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriores.

A Coruña, 18 de novembro de 2002.

Manuel Ferreiro González

Secretario