Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.446

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria de prazas de persoal laboral interino para este ente público (topógrafos).

O Consello de Administración de Portos de Galicia aprobou a actual dotación orzamentaria de persoal na sesión do 27 de febreiro de 2002, e o dito cadro de persoal conta co informe favorable das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Nestes momentos é urxente a necesidade de cubrir unha praza de topógrafo para dotar transitoriamente o posto vacante dentro do organigrama do ente públi

co ata a súa cobertura en propiedade polo vía regulamentaria, sobre a base do artigo 15 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Polo exposto, de conformidade coa Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, o Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público e a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e segundo a delegación conferida por acordo do Consello de Administración, do 23 de xullo de 1997 das competencias do artigo 21.3º da Lei 5/1994; resólvese convoca-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal, como persoal laboral interino do ente público Portos de Galicia, de acordo coas seguintes bases da convocatoria

RESOLVO:

Primeiro.-Autoriza-la selección e contratación de persoal laboral interino para a cobertura de 1 praza de topógrafo.

Segundo.-Aproba-lo gasto correspondente con cargo ó capítulo de persoal, ascendendo as retribucións do persoal contratado á dotación orzamentaria prevista regulamentariamente.

Terceiro.-O proceso de selección realizarase de acordo coas seguintes:

Bases da convocatoria

1. Xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 1 praza de topógrafo.

1.2. O procedemento de selección será o concurso-oposición, cos exercicios, probas, sistemas de cualificación, temario, baremo e relación de méritos que se especifican nestas bases.

1.3. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na de concurso, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

1.4. O aspirante ó que lle sexa adxudicada a praza será contratado en réxime laboral interino. A formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase segundo as necesidades de Portos de Galicia.

1.5. En cumprimento das previsións da Lei de normalización lingüística de Galicia, os aspirantes seleccionados que non acrediten, no momento da presentación da documentación necesaria para a súa contratación, a posesión de diploma acreditativo do nivel de perfeccionamento no coñecemento da lingua galega, deberán realiza-los cursos que para o efecto sexan convocados e conten coa homologación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

2. Requisitos mínimos de admisión dos candidatos.

2.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes de cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

2.2. Ter cumpridos os dezaoito (18) anos de idade.

2.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de técnico superior en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión de documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

2.4. Non padecer enfermidade e posuí-la capacidade funcional física e psíquica para o desempeño das tarefas e funcións correspondentes á vacante á que se opta, para o que presentará un certificado médico acreditativo se resulta seleccionado.

2.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.6. Tódolos requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de incorporarse a ocupa-la praza, logo do asinamento do correspondente contrato.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte no concurso-oposición deberá presentar solicitude, en instancia axustada ó modelo que figura como anexo II da presente resolución, achegando ademais:

-Fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar no proceso selectivo deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar ó cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

-Xustificante emitido pola entidade bancaria que corresponda, de ter pagados os dereitos de exame, no prazo establecido para a presentación de instancias.

-Documentación acreditativa, se é o caso, dos méritos que se aleguen para a súa valoración, ben orixinal ou fotocopia compulsada. Acreditarase a experiencia cun historial completo emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e máis certificado de empresa, copia cotexada de nóminas ou dos contratos de traballo.

3.2. Reixetaranse todas aquelas instancias que non acheguen os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para o acceso ó concurso-oposición e máis do aboamento dos dereitos de exame. Non se admitirán copias simples para acreditar méritos ou cumprir requisitos.

3.3. De conformidade co disposto na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito previo para participar no proceso selectivo deberán aboarse previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe de 35,62 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, empregando para eso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III.

O impreso de autoliquidación de taxas poderá recollerse nos servicios centrais da Xunta de Galicia, en calquera delegación de tódalas consellerías e nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

Código de consellería: 06, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Código de delegación: 13; Código de servicio: 10; Código de taxa: 300300.

3.4. A presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante supoñerá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5. O importe satisfeito en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

3.6. Portos de Galicia reserva para si a facultade de comproba-la veracidade dos documentos achegados polos aspirantes.

3.7. A presentación de solicitudes supón a aceptación incondicional das bases reguladoras da convocatoria.

3.8. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). As solicitudes, dirixidas ó presidente do ente público Portos de Galicia, presentaranse no rexistro xeral do ente público, (praza de Europa, núm. 5A, 6ºB, 15707, Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, nos dez (10) días seguintes e por mandato do presidente de Portos de Galicia, expoñerase no

taboleiro de anuncios dos servicios centrais deste ente público, a lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo; respecto destes últimos farase constar na devandita lista a causa da súa exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos poderán presenta-la documentación complementaria perante o presidente de Portos de Galicia no prazo de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

4.3. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, ben de oficio ou ben por instancia do interesado.

4.4. Unha vez transcorrido o dito prazo, o presidente de Portos de Galicia dictará unha resolución coa lista definitiva de admitidos e excluídos, contra a que se poderá interpoñer, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A citada resolución será exposta, para os efectos de publicidade, no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia, xunto coa indicación do lugar e data nos que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do seu DNI.

4.5. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante esta resolución. Cando da documentación que se debe presentar no caso de supera-lo procedemento selectivo se desprenda que os interesados non posúen algún dos requisitos decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Comisión de selección.

5.1. A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

5.2. O presidente de Portos de Galicia designará os membros da comisión de selección, agás o representante dos traballadores que será nomeado por proposta dos delegados de persoal do ente público.

5.3. A comisión de selección estará composta por cinco membros coa seguinte distribución:

Presidente: o director de operacións do ente público ou persoa en quen delegue.

Secretario: un técnico do cadro de persoal de Portos de Galicia.

Vocais: dous técnicos, empregados do ente público.

Un representante dos traballadores, empregado do ente público.

5.4. Tódolos membros da comisión de selección actuarán con voz e voto.

5.5. Os membros da comisión de selección deberán absterse de formar parte dela cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e notificaranllo ó presidente da comisión. Os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da devandita Lei 30/1992.

O presidente da comisión poderá solicitarlles ós seus membros declaración expresa de non atoparse incursos nas causas de abstención e recusación.

5.6. A comisión de selección non poderá constituírse nin actuar se non están presentes o presidente e o secretario e, polo menos, dous dos seus vocais.

As decisións adoptaranse por maioría dos membros presentes, resolvendo, en caso de empate, o voto de calidade do presidente.

5.7. A comisión de selección queda facultada para resolve-las dúbidas que xurdan na aplicación destas bases e poderá adoita-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases, axustándose na súa actuación ás previsións contidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.8. Funcións dos tribunais:

-Elabora-las probas e garanti-lo seu segredo.

-Avalia-las probas e outorgárlle-la cualificación ós aspirantes, segundo as normas desta convocatoria.

-Formalizar, mediante actas, todo o proceso selectivo e mailo resultado final que será remitido ó presidente de Portos de Galicia mediante certificación expedida polo secretario da comisión da lista de aspirantes por orde de cualificación, da máis alta á máis baixa.

-No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida na primeira proba, e se iso non fora suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate resolverase pola orde alfabética resultante do sorteo resolto e publicado pola resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo).

5.9. Sede da comisión de selección:

Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, a comisión terá a súa sede na praza de Europa nº 5 A, 6ºB, 15707 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 52 07. Fax 981 54 72 16.

5.10. A comisión de selección que actúe nestas probas selectivas terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

6. Oposición: desenvolvemento das probas.

6.1. Establécense tres tipos de probas, que se realizarán pola orde seguinte:

6.1.1. Proba teórica:

Consistirá no desenvolvemento duns temas sobre aspectos directamente relacionados coas funcións e

obrigas das vacantes convocadas. O temario que corresponde á categoría consta no anexo I desta convocatoria.

O cuestionario do exame será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios correspondentes ó contido do programa.

O tempo máximo de duración será de dúas horas.

6.1.2. Proba práctica:

Consistirá na realización dun exercicio práctico, tamén relacionado cos contidos do temario, elixido por sorteo de entre dous presentados pola comisión de selección e para o que se lles comunicará os aspirantes, no momento da convocatoria, o material e os medios que, a xuízo desta, sexan necesarios para a súa resolución, non podendo ser utilizado ningún outro material de consulta e axuda por parte dos aspirantes.

O tempo máximo de duración desta proba será de catro horas.

6.1.3. Entrevista persoal:

Valoraranse calidades como son a capacidade de relación e iniciativa, a integración en grupos de traballo e, en xeral, a aptitude do candidato para exerce-las súas responsabilidades dentro dunha organización complexa.

6.2. As probas teórica e práctica serán de carácter eliminatorio para aqueles aspirantes que non acaden, entre ámbalas dúas, a cualificación mínima de 15 puntos, avaliándose de 0 a 15 o exercicio teórico e de 0 a 15 o exercicio práctico. A entrevista persoal valorarase de 0 a 7 puntos.

6.3. As puntuacións expoñeranse no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia rematada a corrección da totalidade dos exercicios de cada proba.

6.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único quedando excluídos aqueles que non comparezan. Os anuncios para a realización dos exercicios faraos públicos a comisión de selección na súa sede, con corenta e oito (48) horas de antelación, como mínimo, ó seu comezo.

6.5. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade a xuízo da comisión de selección.

6.6. As probas realizaranse a porta pechada, sen outra asistencia que a dos aspirantes, a dos membros da comisión e a dos colaboradores designados por esta.

6.7. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos pola comisión de selección coa finalidade de acredita-la súa identidade.

7. Concurso: baremo de méritos.

7.1. A comisión de selección avaliará os méritos que, con motivo da súa experiencia laboral, acrediten os aspirantes que teñan superada a fase da oposición.

7.2. Experiencia acreditada, ata un máximo de 2 puntos:

-Nun posto de traballo na mesma categoría profesional desempeñando os servicios de topógrafo nas administracións públicas, en empresas ou socieda

des públicas que xestionen portos marítimos: 0,50 puntos por ano traballado ou fracción.

7.3. Outros cursos, ata máximo de 1 punto:

-Cursos realizados relacionados coas actividades propias do posto: de 30 a 100 horas - 0,25 puntos; de máis de 100 horas - 0,50 puntos.

7.4. Os méritos enumerados deberán referirse á data de publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

7.5. A baremación desta fase de concurso publicarase no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno, poderán presentar reclamación perante a propia comisión de selección no prazo de dez (10) días hábiles a partir da exposición da dita baremación.

7.6. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se fora o caso, as oportunas correccións á puntuación inicialmente asignada a cada aspirante, a comisión de selección incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

8. Contratación laboral e período de proba.

8.1. Portos de Galicia, de acordo cos resultados do concurso-oposición e no suposto de haber aspirantes que superasen os mínimos esixibles establecidos nesta convocatoria, procederá á contratación con carácter laboral interino ata o número de vacantes fixadas no concurso-oposición, dentro do grupo de aspirantes que propoña a comisión de selección, quen non poderá declarar que superaron as probas de selección un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

8.2. Para os efectos da súa contratación, e a requirimento de Portos de Galicia, o aspirantes seleccionados deberán presentar, no prazo de 15 días naturais, os seguintes documentos:

-Fotocopia compulsada do título esixido ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título, ou, de se-lo caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

-Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-O aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

-Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados no punto 2.4.

-Fotocopia compulsada do diploma acreditativo do nivel de perfeccionamento no coñecemento da lingua galega.

8.3. O que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentase a documentación,

ou do exame desta se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na súa solicitude inicial.

8.4. O aspirante que obteña unha praza deberá incorporarse no prazo máximo de 3 días desde a notificación, salvo casos de forza maior debidamente xustificados; de non se efectuar, entenderase a renuncia tácita ó seu posto de traballo.

8.5. Tódalas contratacións para ocupar vacantes do cadro de persoal interino estarán sometidas a un tempo de proba de dous meses.

8.6. O desempeño de calquera posto de traballo en Portos de Galicia estará sometido ás incompatibilidades previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

9. Recursos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán ser impugnadas ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e no seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo, así como na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRXAP-PAC).

Así mesmo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra os actos da comisión de selección ante o presidente do ente público Portos de Galicia nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da devandita Lei 30/1992, de RXAP-PAC.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

ANEXO I

Temario para a categoría de topógrafo que rexerá nas probas selectivas para o ingreso no ente público Portos de Galicia.

1. Dereito constitucional: a Constitución española. Estructura e principios xerais, os dereitos e deberes fundamentais dos españois. Organización territorial do Estado.

2. Dereito autonómico: o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei de creación do ente público Portos de Galicia e o regulamento do ente público.

3. Definición e obxecto da xeodesia. Dimensións da terra. Coordenadas xeográficas e unidades de medidas.

4. Mapa, carta e plano. Límites e erros. Límites de percepción visual. Escalas numéricas e gráficas. Plano topográfico.

5. Instrumentos topográficos simples. Instrumentos para determinar puntos, rectas e planos. Instrumentos para determinar direccións e lonxitudes.

6. Medición directa e indirecta de distancias. Distancias horizontais e inclinadas. Medición por resal

tos. Reducción dunha distancia ó horizonte. Estadía e anteollos estadimétricos.

7. Ángulos que se consideran en topografía. Goniómetro. Medición dun ángulo horizontal e erros. Métodos de repetición e de reiteración. Agulla e meridiana magnética. Ángulos de inclinación e declinación. Compás. Declinatoria.

8. Levantamento planimétrico. Coordenadas absolutas e relativas. Cuadrantes, signos e acimuts. Métodos de coordenadas cartesianas e de descomposición en triángulos.

9. Métodos de levantamento planimétrico. Radiación, itinerario, de intersección, de dobre intersección, de intersección inversa e aplicacións máis idóneas.

10. Obxecto da altimetría. Cota, altitude e desnivel. Desnivel verdadeiro e aparente. Erro de refracción e esfericidade. Métodos de nivelación.

11. Nivelación composta. Itinerario altimétrico. Cálculo de erros e compensación. Métodos das estacións dobres e equidistantes. Nivelación trigonométrica, simple e radial.

12. Curvas horizontais. Equidistancia. Perfil lonxitudinal e perfís transversais. Cálculo de terrapléns e desmontes. Plano topográfico.

13. Taquimetría. Coordenadas cartesianas e polares. Paso dun sistema a outro. Fórmulas fundamentais da taquimetría. Traballos de campo. Disposición das estacións e enlace. Equipo. Caderno taquimétrico. Esbozo.

14. Taquimetría. Traballos de gabinete. Cálculo do caderno. Transporte de puntos de recheo e estacións. Cálculo e compensación da rede de estacións. Interpolación de curvas.

15. O taquímetro. Posta en estación. Verificacións. Taquímetros autorreductores.

16. Estacións totais topográficas. A medición total. Particularidades significativas.

17. Métodos para a determinación de áreas. Métodos de descomposición en triángulos, de coordenadas cartesianas e de radiación. Áreas de contorno curvilíneo.

18. Métodos gráficos para a determinación de áreas. Diferentes métodos e a súa aplicación.

19. Replanteo. Cálculo e replanteo dun punto, de aliñacións rectas e de curvas.

20. Cálculo e replanteo de curvas con tanxentes iguais: por coordenadas á tanxente, pola corda prolongada, por cordas e frechas, por ángulos tanxenciais e desenrolos sucesivos e por coordenadas polares.

21. Cálculo e replanteo de curvas con tanxentes desiguais. Curva circular de dous centros sen punto de inflexión. Curva de dous arcos de circunferencia con punto de inflexión. Curvas con tres centros.

22. Cálculo e replanteo de enlaces parabólicos. Curvas de transición. A clotoide como curva de transición. Cálculo e replanteo de rasantes. Rasantes rectas. Acordos verticais parabólicos.