Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.445

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a resolución do tribunal que xulgará os procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario convocados por ordes do 11 e 16 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 2 de setembro), quenda especial e quenda das prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, na que se anuncia a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba.

De acordo coa base común 6 das ordes do 11 e 16 de xullo de 2002 (DOG do 2 de setembro), quenda especial e quenda das prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, este tribunal, de conformidade coas instruccións da Dirección Xeral de Persoal, acorda o seguinte:

Primeiro.-Os procedementos selectivos terán lugar no instituto de educación secundaria das Fontiñas, sito en Santiago de Compostela (A Coruña), rúa Estocolmo, número 5.

Segundo.-Realizarase en primeiro lugar o procedemento selectivo de acceso pola quenda especial. Rematado este, iniciarase o procedemento pola

quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas.

Terceiro.-De conformidade coa resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002 (DOG do 6 de marzo), a orde de actuación dos aspirantes virá determinada pola orde alfabética do primeiro apelido que comece pola letra S.

Cuarto.-Convócanse para a realización da proba prevista na base común 7 da convocatoria, para o día 9 de decembro de 2002, ás 8 horas, no lugar indicado no punto primeiro, os seguintes opositores:

Salvado López, María33195367

Sánchez Bolaños, Marta34216949

Sánchez Estévez, José Antonio34245397

Seoane Pérez, José Luis34915088

Solla Bea, José35215793

Somoza Domuiño, Alejandrina34699433

Quinto.-Convócanse para a realización da proba prevista na base común 7 da convocatoria, paro o día 10 de decembro do 2002, ás 8 horas, no lugar indicado no punto primeiro, os seguintes opositores:

Vázquez Rodríguez, Eudosia34571478

Veloso Álvarez, Antonio34596641

Alejo González, José76560139

Alvarado Rodríguez, José Manuel34551561

Antas Vidal, Irene Pilar35226767

Araújo González, Olga34551767

Sexto.-Os seguintes chamamentos faraos públicos o tribunal, no local no que se realizan as probas, alomenos con 24 horas de antelación.

Sétimo.-Comunícaselles ós aspirantes que non haberá acto de presentación.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal