Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001161/2002 IN interposto pola Confederación Intersindical Galega.

A Inspección Xeral de Servicios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001161/2002 IN interposto pola Confederación Intersindical Galega, sobre o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 2002 de modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia.

En consecuencia, esta Inspección Xeral de Servicios acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios