Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.436

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de industrias e comercio vitivinícolas.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de industrias e comercio vitivinícolas, con nº de código 3600815, que tivo entrada

nesta delegación provincial o día 28-10-2002, subscrita en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Viños e Licores, e da parte social, polas centrais sindicais CIG e UGT, en data 18-10-2002. De conformidade co disposto no artigo 9 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para as industrias

e comercio vitivinícolas de Pontevedra

En Vigo, ás 19 horas, reúnense nos locais da Confederación Intersindical Galega as persoas abaixo sinaladas:

-Representación social:

Luciano Villar González, CIG.

Ignacio Couñago Lara, UGT.

-Representación económica:

Carlos Villanueva.

Ámbalas dúas partes reúnense para aplica-la revisión salarial que figura no artigo 9 do convenio que foi asinado o pasado 5 de decembro de 2001.

Unha vez constatada a evolución do IPC interanual desde a entrada en vigor do convenio (1 de abril de 2001 ó 31 de marzo de 2002), acórdase aumenta-las táboas e demais conceptos económicos en 0,6%, como se detallan a continuación:

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Media axuda de custo: 15 A.

Axuda de custo completa: 26 A.

Artigo 14º.-Complemento de incapacidade.

53 A.

Artigo 15º.-Festividade da patrona.

84 A.

Artigo 16º.-Complemento de locomoción.

6 A.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

En caso de morte: 14.355 A.

En caso de incapacidade total: 25.008 A.

Artigo 21º.-Xubilacións.

1.043 A.

Vigo, 18 de outubro de 2002.

Revisión táboa salarial

Atrasos ano 2001-2002 revisión 0,6%

CategoríasRevisado ptas.Revisado euros

Grupo A. Técnicos/as titulados:
a) Con título superior104.964630,85
b) Con título inferior100.650604,92
c) Practicante92.564556,32
Técnicos/as non titulados:
a) Encargado/a xeral de bodega ou fábrica96.498579,96
b) Encargado/a de laboratorio92.564556,32
c) Axudante de laboratorio88.793533,65
d) Auxiliar88.793533,65

Grupo B. Administrativos/as:
a) Xefe/a de primeira100.650604,92
b) Xefe/a de segunda96.503579,99
c) Oficial de primeira92.564556,32
d) Oficial de segunda88.793533,65
e) Auxiliar87.269524,50
f) Aprendiz de 1º ano77.217464,08
g) Aprendiz de 2º ano79.361476,97

Grupo C:
a) Cobrador/a87.269524,50
b) Almaceneiro/a87.269524,50
c) Pesador/a ou basculeiro/a87.269524,50
d) Garda xurado87.269524,50
e) Vixilante ou sereno87.269524,50
f) Porteiro/a87.269524,50
g) Ordenanza87.269524,50
h) Telefonista87.269524,50
i) Mozo ou recadeiro/a87.269524,50
k) Persoal de limpeza87.269524,50

Grupo D. Obreiros/as:
a) Profesionais de oficio:
-Capataz de bodega ou fábrica96.509580,03
-Encargado/a de sección96.509580,03

CategoríasRevisado ptas.Revisado euros

-Oficial de primeira92.564556,32
-Oficial de segunda88.793533,65
-Encargado/a de cuadrilla88.793533,65
b) Peóns especializados:
-Categoría xeral87.267524,49
-Embotelladora e etiquetadora87.267524,49
c) Peóns:87.267524,49