Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.433

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias de panificación.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de industrias de panificación, con nº de código 3600785, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-9-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Industriales de Panificación, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 22-7-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de industrias

de panificación da provincia de Pontevedra ano 2002

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, comprendendo nel a tódalas industrias e traballadores que se rexan pola Regulamentación nacional do traballo de panaderías, normativa laboral subsidiariamente aplicable en todo o non previsto no presente convenio.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor ós dez días do seu asinamento, sen prexuízo da súa publicación no BOP, pero os seus efectos económicos retrotraeranse ata o 1 de xaneiro de 2001.

Este convenio terá unha duración de dous anos e os seus efectos finalizarán o 31 de decembro de 2002. Prorrogarase automaticamente por anualidades se non media denuncia das partes cunha anticipación de tres meses, cando menos, respecto do

final da súa vixencia. A dita denuncia deberase facer por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Retribucións.

As retribucións salariais son as que para cada categoría profesional se fixan na táboa salarial anexa, as cales foron calculadas conforme un incremento do 2,7% para o exercicio de 2001 e 2,6% para o exercicio de 2002, calculado sobre a táboa salarial publicada no convenio de 2000. Os ditos salarios servirán de base para o cálculo de tódalas percepcións que sinala este convenio.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Co fin de fomenta-la vinculación coa respectiva empresa do persoal que actúe na industria panadeira, establécense aumentos periódicos por tempo de servicios dentro da propia empresa para todo o persoal afectado pola regulamentación nas seguintes proporcións: dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre a retribución base.

Para o cómputo da antigüidade para efectos dos aumentos periódicos, terase en conta a totalidade dos anos en servicios prestados dentro da empresa, calquera que sexa a categoría ou grupo profesional no que o traballador se encontre encadrado, aínda que o dito cómputo, para estes efectos, se iniciará desde a entrada en vigor da Regulamentación de traballo (Orde do 20 de agosto de 1968, BOE do 9 de setembro).

Os traballadores que ascendan de categoría ou cambien de grupo percibirán sobre o salario base daquela a que incorporen os aumentos periódicos por antigüidade que lles corresponda, de conformidade co precedente, calculados todos eles sobre o novo salario base.

Artigo 5º.-Complemento de iniciación de xornada.

Naquelas empresas en que habitualmente se anticipe o comezo da xornada do persoal de obradoiro, as horas anticipadas serán aboadas cada unha delas cun importe de 2,65 euros, salvo dereitos adquiridos de maior contía.

Non se poderá anticipa-la entrada ó traballo en máis de dúas horas diarias, con excepción daqueles días en que a elaboración sexa dobre, nos que se poderá anticipar ata un máximo de catro horas, sen que en ningún caso exceda das doce da noite.

As empresas procurarán que o anticipo de xornada se efectúe de forma rotativa entre o persoal afectado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

As licencias e permisos que a empresa poderá conceder ós traballadores serán as que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo II ó presente convenio.

A empresa concederá licencia non retribuída durante un día, como máximo, ó ano, sempre que

se solicite con tres días de anticipación, como mínimo, antes da data do seu desfrute e non concorra a solicitude e licencia coa doutro traballador da mesma sección ou departamento.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a unha vacación anual de trinta días naturais.

Artigo 8º.-Xornada e descansos.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que se distribuirán das 0 horas do luns ata as 22 horas do sábado.

Tódolos traballadores descansarán en cumprimento do establecido no artigo 37.1º do Estatuto dos traballadores, os domingos e festivos e, ademais, desfrutarán dun día de descanso durante a semana.

Segundo se dispón no laudo arbitral do 2 de xaneiro de 1998 (AGA 23/1997), as empresas incluídas dentro do ámbito de aplicación do convenio colectivo provincial de industrias de panificación da provincia de Pontevedra teñen a facultade de proceder á apertura en domingo. Os traballadores terán dereito, como mínimo, ó descanso semanal de dous domingos cada mes, desfrutando de forma alterna con respecto ós outros días de descanso semanal en cada mes natural substitutivos do domingo, e percibindo unha gratificación por prestación de servicio en domingo do 100% do salario diario ordinario incluíndo tódolos conceptos.

Entran nesta obrigatoriedade do cumprimento deste artigo tódalas panaderías da provincia, sen ningunha excepción.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

Para efectos das pagas extraordinarias de xullo, Nadal e San Honorato, consistirán nunha mensualidade do salario realmente percibido para cada unha delas; isto é a media dos incentivos devengados no último trimestre inmediatamente anterior ó mes do seu pagamento (mecanización, semimecanización salario base, antigüidade e anticipo de hora, cando proceda).

Con efectos exclusivos para o exercicio de 2002 establécese unha paga extraordinaria anual de douscentos corenta euros(240 euros) brutos, sen ningún outro tipo de complemento salarial, para todo o persoal afecto ó presente convenio, que estivese de alta nela durante todo o exercicio de 2001 e 2002 a xornada completa, rateándose nos casos de que entrase noutra data calquera distinta dos anos mencionados e/ou a súa xornada non fose completa.

Tal paga extraordinaria ten a consideración de compensación polo incremento salarial correspondente ó exercicio de 2001 e 2002 e polo tanto incluído no incremento mencionado no artigo 3º do convenio; dela deberán descontarse, se é o caso, os incrementos salariais habidos nos citados exercicios,

para cada traballador en concreto. Tal paga extraordinaria será aboada o 50% no mes de agosto de 2002 e o resto en outubro de 2002 durante o mes de febreiro de 2002.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte na contía de 3,28 euros por día de traballo efectivo para todo o persoal.

Artigo 11º.-Retribución en especie.

Ademais da remuneración en metálico e sen que se compute como salario, tódolos traballadores recibirán 1 kg de pan cada día de traballo, así como os descansos semanais, días de festa non recuperables, días de vacación e días en situación de IT, que deberá ser de calquera das pezas comerciais que a empresa fabrique e nunca elaborado especialmente para os traballadores.

O valor deste suplemento alimenticio non se computará para a determinación do salario en gratificacións, aumentos por antigüidade nin para o fondo do complemento familiar.

Artigo 12º.-Aplicación más favorable.

Os preceptos do presente convenio aplicaranse en sentido máis favorable para o traballador, sen que en ningún caso se menoscaben aquelas situacións máis beneficiosas que poidan existir por concesión graciable da empresa.

Artigo 13º.-Cesamentos.

O persoal afectado polo presente convenio que se propoña cesar voluntariamente no servicio dunha empresa, deberallo comunicar ó xefe desta, polo menos con quince días de anticipación á data en que se vaia deixar de prestar servicio.

O incumprimento por parte do traballador da obriga de avisar coa indicada anticipación dará dereito á empresa a descontar da liquidación o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.

Artigo 14º.-Complemento por IT.

No caso de incapacidade laboral transitoria, as empresas aboarán ó seu persoal o 100% do seu salario real (salario máis complementos), durante o tempo que dure a hospitalización do traballador afectado, se for necesaria aquela e despois de xustificala.

Igualmente complementarán ata o citado importe as baixas de IT motivadas por accidente de traballo.

Nos demais supostos aboarase o subsidio de IT na súa contía legal.

Artigo 15º.-Festividade de San Honorato.

Establécese como festa do patrón con carácter aboable e non recuperable o día 16 de maio, festividade de San Honorato.

Artigo 16º.-Seguro de accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio deberán subscribir no prazo de dous meses, a partir do momento da súa sinatura, unha póliza de seguro colectivo con primas íntegras ó seu cargo, que cubran as seguintes indemnizacións:

Accidente laboral ou común, como resultado de morte, invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez, por un capital de 15.025,30 euros.

As indemnizacións faranse efectivas ó traballador afectado ou ós seus habentes causa.

Artigo 17º.-Semimecanización.

Os traballadores da sección de obradoiro afectados polo presente convenio percibirán en concepto de semimecanización o 15% de incremento sobre o salario base.

Artigo 18º.-Complemento retributivo en días festivos ou descansos.

A retribución nos supostos de realización de traballo en días de descanso, así como a retribución dos días festivos que se traballen ou se anticipe a súa producción, efectuarase aplicando o módulo habitual de retribución (salario base, antigüidade, complemento de mecanización e anticipo de horas cando proceda), un coeficiente do 55% de incremento.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio están obrigadas a facilitar ós seus traballadores ó inicio de cada semestre natural unha bata ou pantalón e chaqueta curta ou peza similar adecuada ó posto de traballo; o seu uso será obrigatorio.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual, que se realizará, en calquera caso, a cargo da empresa.

Artigo 21º.-Formación profesional.

As partes signatarias do presente convenio acordan promover cantas accións sexan necesarias encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional dos traballadores.

En tal sentido, e como primeira decisión ó respecto, as empresas afectadas polo presente convenio comprométense a que as ensinanzas previstas como obrigatorias no Real decreto 1992/1984, para os contratos para a formación, poidan realizarse, en canto

o dito centro subsista, na escola de formación profesional existente na Asociación Provincial de Industriais de Panificación.

Así mesmo, os títulos e acreditacións que emita a dirección académica da escola de formación profesional en relación ós traballadores que se formen nela, terán o valor de certificado para os efectos do previsto no artigo 10 do Real decreto 1992/1984.

Artigo 22º.-Contratos de duración determinada (artigo 15.1º b) ET.

Para efectos do disposto no Real decreto 2720/1998, Lei 12/2001, sobre contratos de duración determinada, cando os contratos se concerten para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra. Neste suposto a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 15 meses.

No caso de se concertaren por un período inferior a 12 meses, este poderá ser prorrogado, de común acordo entre as partes, ata o tope máximo descrito.

Artigo 23º.-Comisión mixta do convenio.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes neste convenio, crearase a comisión mixta de vixilancia ou interpretación, correspondendo a súa presidencia á comisión deliberadora do convenio ou persoa en quen delegue, e composta ademais por catro empresarios e igual número de traballadores.

Esta comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas privativas daqueles organismos e xurisdiccións que teñan unha competencia determinada e concreta, recoñecida na normativa dos convenios colectivos.

As partes establecen expresamente, como obriga da comisión mixta de convenio, que se avaliará a evolución do índice de prezos para o consumo, nunha reunión que terá lugar o 10 de decembro, para proxectalo sobre a táboa deste convenio colectivo.

Artigo 24º.-Negociación colectiva.

O texto do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria de panificación é subscrito pola Asociación Provincial de Industrias de Panificación (Aproinpa) e a Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG) de conformidade co artigo 85, letra A, da Lei 8/1980, do 10 de marzo de 1980, do Estatuto dos traballadores.

Motivo da licenciaTempo máximoSalarioAntigü.Ant. xor.Semimec.Compl. tras.C. vol.Documento acreditativo

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, irmáns e pais políticos4 días naturaisSiSiSiSiNonSiEsquela e documentos que acredite parentesco

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós3 días naturaisSiSiSiSiNonSiCertificado médico especificando gravidade

Motivo da licenciaTempo máximoSalarioAntigü.Ant. xor.Semimec.Compl. tras.C. vol.Documento acreditativo

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos1 día naturalSiSiSiSiNonSiEsquela e documento acreditativo parentesco

Nacemento de fillo3 días labor.SiSiSiSiNonSiLibro de familia ou certificado do xulgado

Matrimonio do traballador15 días naturaisSiSiSiSiNonSiLibro fam./certif. xulgado/iglesia

Matrimonio fillos/irmáns e novas nupcias de pais1 día naturalSiSiSiSiNonSiCert. xulgado/iglesia. Parentesco. Invitación

Traslado de domicilio habitual1 día laboralSiSiSiSiNonSiCertificado do padrón

Enfermidade e consulta médica. Consulta a especialista SOE prescrita por médico de medicina xeralPolo tempo necesario. Máximo 5 horas ó díaSiSiSiSiNonSiCopia volante médico SOE, xustificante asistencia a especialista

Consulta médico medicina xeral4 h/día máximoSiSiSiSiNonSiCertificado médico ou similar

Enfermidade con baixa oficial3 prim. díasSiSiSiSiNonSiParte de baixa

Accidente de traballoDía de accid.SiSiSiSiSiSiXustificante serv. médico mutua patronal

LactaciónS/leiSiSiSiSiNonSiCertificado de nacemento

Cargo sindical ou públicoS/leiSiSiSiSiSiSiSegundo caso

Licencia de carácter persoal1 día ó anoNonNonNonNonNonNonSolicitar con tres días. Xustificar.

Chamada servicio militar obligatorio ou voluntarioTempo necesarioSiSiSiSiNonSiXustificante incorporación a filas.

TécnicosSalario/mes

Xefe de fabricación579,22
Xefe de taller mecánico567,08
AdministrativosSalario/mes

Xefe de oficina e contabilidade579,22
Oficial administrativo522,67
Auxiliar de oficina492,36
En panaderías totalmente mecanizadasEuros/día

Axudante encargado16,42
Amasador16,42
Axudante amasador16,41
Especialista, fogoneiro, acendedor oficial16,42
Mecánico de 1ª16,42
Mecánico de 2ª16,42
Mecánico de 3ª16,42
Peón16,42
Nas restantes panaderíasEuros/día

Mestre encargado17,32
Oficial de pa17,32
Oficial de masa16,86
Oficial de mesa16,50
Axudante16,50
Aprendiz de primeiro ano14,08
Aprendiz de segundo ano14,08
Dos servicios complementariosEuros/día

Mordomo16,42
Chofer17,24
Vendedor en establecemento16,42
Transportador de pan a despacho16,42
Repartidor a domicilio16,42

Euros/hora