Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos, con nº de código 3601005, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-10-2002, subscrita pola comisión negociadora do convenio colectivo, en data 21-10-2002. De conformidade co disposto no artigo 6 e 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de oficinas

e despachos da provincia de Pontevedra

Asistentes:-CIG:

Arturo Bermúdez Ferreira.

Josefa Romero Álvarez.

Enrique Caride González.-CC.OO.:

Enrique Iglesias Crespo.

Juana Estébanez Cepedal.-UGT:

Rosa María Acuña Salgado.

José M. Rodríguez Portela.

-Representación empresarial:

Manuel Blázquez Pallares.

Manuel Suárez Vázquez.

Camilo Castro Silva.-Secretario de actas:

Pablo Búa Burgos.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vinteún de outubro de dous mil dous, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra, para os efectos de proceder á revisión salarial de tal convenio.

As partes deciden asina-la táboa salarial para 2002, aplicándolle o IPC real do ano procedente, que foi do 2,7%.

Sendo de conformidade das partes a táboa salarial anexa, procédese a sinatura por parte de tódolos asistentes do convenio.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 19 horas do día arriba indicado.

CategoríasEuros mes

Grupo I. Titulados
Titulado de grao superior827,62
Titulado de grao medio747,17

Grupo II. Administrativos
Xefe superior747,17
Xefe de primeira-1ª736,67
Xefe de segunda-2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma712,89
Operador de máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona656,23
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma, reporteiro de axencia de información, traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores623,35
Auxiliar con antigüidade superior a tres anos565,28
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador541,49
Aspirante445,15

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior747,17
Xefe de primeira, xefe de equipo de informática, analista, programador de ordenadores736,67
Xefe de segunda, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de test, coordinador de tratamento de cuestionarios712,89
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios702,40
Delineante, proxectista661,82
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores656,23
Delineante623,35

Grupo IV. Especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas712,89
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores, encargado do departamento de reprografías656,23
Operador de máquinas básicas, debuxante, entrevistador, enquisador623,35
Calcador, perforista, verificador, clasificador576,47
Auxiliar541,49
Aspirante445,15

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior576,47
Conserxe553,39
Ordenanza, vixilante541,49
Mozo dos recados de 17 anos445,15
Mozo dos recados de 16 anos445,15

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro623,35
Oficial de 1ª, conductor de 1ª600,26
Oficial de 2ª, conductor de 2ª576,47
Axudante, operador reproductor de plans, operador multicopista e xerocopista553,39
Peón, mozo, muller de limpeza xornada completa541,49