Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 694/2002.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no art. 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 694/2002.

Acta inf. nº 1159/2002 (I) e (II).

Empresa: Construcciones Peña Aguda, S.L. (II).

NIF/DNI: B-15592231.

Enderezo: r/ Newton, nº 9-2º (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita realizada á obra de construcción sita en Deán Pequeno, nº 18 (Ribeira), comprobouse que o traballador pertenecente á empresa Esperanza Cao Castelo realizaba traballos a uns 6 metros de altura e cunha pendente aproximada do 5% carecendo de medidas de protección colectiva, e tampouco levaba posto o cinto de seguridade.

A empresa Cnes. Peña Aguda, S.L., en canto empresa principal respecto da subcontratista antes mencionada, considérase responsable solidaria.

Vulnéranse os arts. 4.2º d) e 19.1º do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo; art. 14 (1-2) da Lei 31/1995;

anexo IV parte C -apdos. 12 b) e 3 b)e art. 11.1º c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro; e anexo I parte A -apdo. 9- do R.D. 486/1997, do 14 de abril.

Falta grave mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos arts. 12.16º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que figuran no expediente:

-Actas de infracción- Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE