Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 18 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación das axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade do expediente administrativo FM 343A 2001/124-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

Expediente de procedemento: FM 343A 2001/124-5.

Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Francisco J. Uruburo Somoza.

Enderezo: Gran Vía 5, 2º B 36204 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, do 11-6-2002, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores con discapacidade, presentada por Francisco J. Uruburo Somoza, e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 2-10-2001 e estimada na Resolución do 29-11-2001, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 4.507,59 A pola contratación indefinida de traballadores con discapacidade.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

Certificación acreditativa de estar ó día nas obrigas tributarias.

Certificación acreditativa de estar ó día nas obrigas coa Seguridade Social.

Certificado de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para ese mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

Alta no imposto de actividades económicas; no seu defecto, declaración por parte do representante legal da data de inicio da actividade.

Comunicación da contratación/variación de datos á Seguridade Social (a clave de tipo de contrato debe se-la correcta).

Informe de vida laboral da traballadora, emitida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Certificado de períodos de inscrición da traballadora como demandante de emprego na oficina de emprego.

Contrato de traballo polo que solicita as axudas, en modelo oficial, e xustificante da súa comunicación á oficina de emprego.

Cuarto.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia correspóndelle a esta delegación provincial en virtude do artigo 3 da Orde do 10 de maio de 2001, pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 29-11-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 4.507,59 A pola contratación indefinida de Mª Rosario Domínguez Martínez.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa noti

ficación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 11 de xuño de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego, da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 18 de outubro de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra