Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas de Vi-

vendas Ugacovi.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e para os efectos previstos nesta, faise público que no rexistro central de cooperativas dependente desta dirección xeral, foi depositada a escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas de Vivendas Ugacovi, resultando cualifi

cada favorablemente e inscrita no libro de inscrición de asociacións cooperativas baixo o número 12-SCTA.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais