Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.394

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRINTA E DOUS DE MADRID

EDICTO (183/2002).

Mª Dolores Olalla García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número trinta e dous de Madrid fago saber que no procedemento demanda 183/2002 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Francisco Mendes, Marcel Gomis contra a empresa Seidi Gois Construcciones, S.L., sobre ordinario, se dictou a sentencia de que se xunta copia.

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Seidi Gois Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para se inserir no BOP.

En Madrid, no vintedous de outubro de dous mil dous.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán neste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento.

A secretaria xudicial

Rubricado

Sentencia: 320/2002.

Nº autos: demanda 183/2002.

Na cidade de Madrid, no vintecinco de xuño de dous mil dous.

Mª Luisa Gil Meana, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número trinta e dous do xulgado e localidade ou provincia de Madrid, despois de ve-los presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Francisco Mendes, Marcel Gomis, que comparece representado polo letrado Sr. S. González, e da outra, como demandado, Seidi Gois Construcciones, S.L.

En nome de El-Rei dictouse a seguinte sentencia:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 20-2-2002 tivo entrada no Decanato dos Xulgados do Social de Madrid demanda presentada pola parte demandante, que en quenda de repartición correspondeu a este xulgado, e na que se reclama por concepto de cantidade que se condene a demandada a aboar a cada un dos demandantes a cantidade de 259.186 pesetas (1.557,74 euros), máis o 10% do xuro de demora.

Segundo.-Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, de xuízo a audiencia do 21-6-2002.

Sendo o día e a hora sinalados e chamadas as partes, comparece a parte demandante, non o facendo o demandado a pesar de constar en autos ter sido citado en forma.

Terceiro.-Aberto o xuízo, a parte demandante ratificouse na demanda, pedíndo o recibimento do xuízo a proba.

Recibido o xuízo a proba, a parte demandante propuxo a proba documental e interrogatorio de parte, solicitando que se tivese por confesa a demandada.

Cuarto.-Na tramitación deste procedemento cumpríronse tódalas formalidades prescritas pola lei (excepto o relativo a prazos debido ó número de asuntos pendentes neste xulgado).

Feitos probados.

Primeiro.-Os demandantes traballaron para a empresa demandada desde o día 21-5-2001 ata o 11-10-2001, en que ambos causaron baixa voluntaria. A categoría era a de peón especialista (nivel salarial XI) e o salario polo que viñeron sendo retribuídos era de 1.905.764 pesetas anuais, con inclusión de pagas extraordinarias.

Segundo.-A actividade da empresa era a construcción e o convenio colectivo aplicable o da construcción da provincia de Madrid.

Terceiro.-Non se lles aboaron as seguintes cantidades:

-Atrasos do 21-5-2001 ó 31-8-2001.

S. base (2.702-2.589) x 103 días: 11.639 pesetas.

C. activ. (1.880-1.801) x 74 días efectivamente traballados: 5.846 pesetas.

P. extras (885-847) x 74 días efectivamente traballados: 2.812 pesetas.

-Parte proporcional p. verán (41/182): 35.537 pesetas.

-Salario 11 días de outubro de 2001:

S. base 2.702 x 11 días: 29.722 pesetas.

C. activ. 1.880 x 8 días: 15.040 pesetas.

C. extrasal. 885x8 días: 7.080 pesetas.

-Parte proporcional p. Nadal (103/182): 89.275 pesetas.

-Parte proporcional de vacacións (144/365): 62.235 pesetas.

Total: 259.186 pesetas (1.557,74 euros).

Fundamentos de dereito.

Único.-Da valoración da proba fornecida e da aplicación do principio de ficta confessio, visto que se pediu a confesión do representante da empresa na demanda e no acto da vista sen que comparecese a parte demandada, e sendo de aplicación o contido do art. 29.1º e 3º do Estatuto dos traballadores, é polo que se debe estima-la demanda.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que, con estimación da demanda presentada por Francisco Mendes e Marcel Gomis contra Seidi Gois Construcciones, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a aboa-la cantidade de 1.557,74 euros máis 155,77 euros de xuro de demora a cada un dos demandantes.

Notifíquese esta sentencia ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Por esta sentencia, xulgando definitivamente, así o pronuncio, mando e asino.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada no día da súa data pola maxistrada-xuíza Mª Luisa Gil Meana, que a subscribe, na sala de audiencia deste xulgado. Dou fe.