Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.394

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DE VIGO

EDICTO (793/2001).

Eu, Antonio Rodríguez Diéguez, secretario do Xulgado de Familia de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos que se dictou a seguinte:

En Vigo o once de outubro de dous mil dous.

Vistos por Ana María Enríquez Magallanes, maxistrada-xuíza, substituta, de Primeira Instancia número cinco de Vigo, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co nº 793/2001-P, por instancia de Elvira Dios Iglesias, maior de idade, representada pola procuradora Purificación Rodríguez González, e asistida polo letrado Rafael Fernández Domínguez, contra Leoncio Pereira Vázquez, maior de idade, o cal se declarou en rebeldía procesual e sendo parte o Ministerio Fiscal; e na súa virtude e en nome de El-Rei dicta a seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio que formaban Leoncio Pereira Vázquez e Elvira Dios Iglesias, e que consta inscrito no tomo 5-2, páxina 347 da sección segunda do Rexistro Civil de Vigo, con tódolos efectos legais que a dita declaración comporta.

Atribúeselle á nai a garda e custodia da filla menor.

Sinálase como domicilio da esposa e filla do matrimonio o que actualmente ocupan na rúa Chouzo número 12 desta cidade.

Recoñécese o dereito da filla menor, Rosa Pereira Dios, de recibir alimentos do seu pai; a súa cuantificación fixarase na fase de execución desta resolución.

Non se aprecian méritos bastantes para efectuar unha especial imposición das custas procesuais causadas neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Unha vez firme esta notificación comuníquese de oficio ó Rexistro Civil de Vigo para a súa inscrición á marxe da de matrimonio das partes.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que conste e lle sirva de notificación a Leoncio Pereira Vázquez, en ignorado paradoiro,

expido e asino este edicto en Vigo o vintenove de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado