Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (815/2001).

Eu, Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento nº 815/2001 por instancia de Álvaro Filgueira González contra Gacetas Locales de Galicia y León, S.L. e outro, sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 24 de febreiro de 2003, ás 9.40 horas, cítase en única convocatoria a empresa Gacetas Locales de Galicia y León, S.L., e o seu representante que tivo o seu domicilio na rúa Nicaragua, 37, de Vigo, e hoxe en paradoiro ignorado, para que, xunto con tódolos medios de proba de que tente valerse, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a

copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado. Requírese a parte demandada, conforme se solicita no outrosí digo da demanda, é dicir, que achegue follas de salarios correspondentes á, boletíns de afiliación e cotización á Seguridade Social e TC correspondentes a el e libro matrícula. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC, en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento a Gacetas Locales de Galicia y León, S.L. e ó representante legal dela, expídese este edicto en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado