Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.359

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de novembro de 2002 pola que se nomea o presidente da Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría.

O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Para darlle cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou o 5 de marzo de 1998 faculta-lo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a designación e separación do presidente da Autoridade Portuaria de San Cibrao- Ferrol e a súa ría.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-O nomeamento de Ángel del Real Abella, como presidente da Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda