O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto
reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
Para darlle cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou o 5 de marzo de 1998 faculta-lo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a designación e separación do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.
En consecuencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-O nomeamento de Guillermo Grandío Chao, como presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA